"O vindeiro martes 10 de maio, ás 13 h., presentación no Arquivo do Reino de Galicia da publicación en CD-ROM Real Audiencia de Galicia. Catálogo de preitos e expedientes de mosteiros. Estarán presentes Ramón Villares y Pedro Ortego, catedráticos de Historia Contemporánea e de Historia do Dereito e das Instituciones, respectivamene, da Universidade de Santiago de Compostela." "Coa edición desta base de datos (que xa estaba accesible en liña a través da súa páxina web), o Arquivo continúa o programa de publicación de instrumentos de descrición do seu fondo máis voluminoso e emblemático.
Recolle os asentos catalográficos de 7.908 preitos e expedientes tramitados polo antigo tribunal galego a instancia de diversas comunidades monásticas galegas, ou con rendas, bens e propiedades en Galicia, entre 1511 e 1834.
Desde o punto de vista técnico, o programa que xestiona a base de datos incorpora unha ferramenta que permite a exportación total ou parcial dos rexistros, xunto coas descricións dos niveis superiores e intermedios de descrición do fondo, en linguaxe XML. A máis, existe a posibilidade de exportación en formato TXT."

http://www.xunta.es/conselle/cultura/patrimonio/arquivo%20reino/index.html