I XERACIÓN

  • Antonio de Puga e Sandoval. Casou con María Pérez. Naturais da vila de Xunqueira de Ambía (Ourense). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Francisco de Puga e Sandoval. Natural da vila de Xunqueira de Ambía.
    Casou con Isabel Rodríguez Sandianes. Natural da vila de Xunqueira de Ambía. Filla de Gerónimo Rodríguez Sandianes e María Lozana?, naturais da vila de Xunqueira de Ambía. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • María de Puga e Sandoval. Natural da vila de Xunqueira de Ambía.
    Casou con Benito Boan Dabila (para a súa xenealoxía ver Boan Montederramo). Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Francisco Boan e Puga. Bautizado o 24 de xullo de 1694 na vila de Xunqueira de Ambía (Ourense). Colexial de Fonseca (1751).

Fonte

  • Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela