I XERACIÓN

  • Juan de Armada. Natural da parroquia de Vide de Miño concello de Castrelo de Miño (Ourense).
    Casou con Isabel Taboada. Natural da casa e freguesía do Gargalo. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Pedro Manuel Armada. Natural da parroquia de Vide de Miño.
    Casou con Isabel Salgado. Natural da casa e freguesía do Gargalo. Filla de Antonio Salgado, natural de Gargalo, e Ana Mondragón, natural da parroquia de Santa Cruz de Rivadulla concello de Vedra (A Coruña). Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • Isabel Rosa de Armada. Natural da parroquia de Vide de Miño.
    Casou con Juan Antonio Romay (para a súa xenealoxía ver Cadro Pazo de Marín Pontevedra). Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Antonio Jacinto Romay Armada. Natural da parroquia de Ponte Castrelo concello de Castrelo de Miño (Ourense). Colexial de Fonseca 1723.

Fonte

  • Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela