I XERACIÓN

  • Francisco González. Nado en 1.830.
    Casou con Carmen Vázquez. Nada en 1832.
    Ambolos dous son o primeiro referente documentado do chamado "Foral da Casa da Alén". Tiveron dous fillos:

II XERACIÓN

  1. José María González Vázquez
  2. Manuel González Vázquez. Nado en 1.865. Nos anos de servicio militar, coincide que é o cabo da garda Real na data en que nace o futuro rei Alfonso XIII; como agasallo conmemorativo concedeselle a utilización do "De" diante do apelido González que nin él nin os seus descendentes empregaron nunca.
    Casou con Josefa Crespo Rodríguez. Filla de Francisco Crespo García e María Rodríguez Gil. Tiveron catro fillos:

III XERACIÓN

  1. José González Crespo. Nado o 26 de xuño de 1895.
    Casou o 18 de abril de 1925 con Modesta Rey Crespo. Nada no ano 1902. Tiveron por fillo a IV 1
  2. Francisco González Crespo. Estuda no Seminario de Ourense (onde é compañeiro e gran amigo do que despois sería Arcebispo de Santiago, Quiroga Palacios). Non chega a toma-los hábitos, viaxa a Arxentina, onde traballa de xerente nunha empresa petrolífera e, a súa volta nos anos XX, crea en Viduedo xunto co seu irmán Camilo a primeira tenda ("Ferretería dos Alén") da comarca. Preso político en Oseira nos anos da guerra civil, nos anos da postguerra convirtese nun referente comarcal polo traballo social desenrolado. Morre solteiro a finais da década dos sesenta.
  3. Camilo González Crespo. Emigra a Arxentina xunto co seu irmán Francisco e adícase o comercio (chega a ser propietario dun aeroplano). A súa volta nos anos XX, crea en Viduedo xunto co seu irmán Camilo a primeira tenda ("Ferretería dos Alén") da comarca. Preso político en Oseira nos anos da guerra civil Morre solteiro a mediados da década dos sesenta.
  4. María González Crespo.
    Casou en primeiras nupcias con Antonio Rey Crespo. Tiveron por fillo a IV 2.
    Casou en segundas nupcias con Julio Rey Crespo. Tiveron por fillo a IV 3. Esta rama familiar asentase en Cobas e en San Cristovo de Cea.

IV XERACIÓN

  1. José Gonzalez Rey.
    Herda as propiedades do antigo "Foral" (xa convertido desde fai máis de 50 anos na "Casa da Alén") e tamén a "Ferretería dos Alén". Estuda en Ourense e remata Maxisterio, na súa faceta empresarial desenvolve e moderniza as explotacions agrícola-gandeiras da "Casa da Alen" e tamén a actividade mercantil (no quinquenio 1.965-1.970 expande as actividades mercantiles da "Ferretería dos Alén, xunto a súa dona crea unha empresa textil: "La Rueca", outra empresa de distribución comercial e, a finales da década dos 70, abre unha segunda área comercial en Amoeiro). O longo da súa vida desenvolve unha intensísima actividade social. Morre en accidente de tráfico no ano 1.993.
    Casou con María Dolores Sotelo Caride. Filla de Ana Sotelo Caride. Tiveron por fillos a:

V XERACIÓN

  1. Francisco Javier González Sotelo. Nado en 1.958.
    Vencellado os negocios familiares ata 1.986; herda a "Casa da Alén" o finar o seu pai.. Vencellado o mundo da comunicación e da literatura, ten publicado 11 libros en galego e castelán e estreados 9 guions teatrais, ademáis de ter prologado libros de autores europeos e americanos. Medalla de Ouro da Asociación "Fillos de Ourense de Caracas, Venezuela", Membro honorífico da Asociación de Escritores de Mérida (Venezuela), Coordinador en dúas edicións do "Festrival do teatro Galego" de Carballiño, impulsor e coordinador da feira de mostras "Expocarballiño-92", ex-Presidente da Federación de TV Locais de Galicia, ex-vicepresidente da Federación Española de TV Locáis, foi director de varios medios de comunicación escrita e multimedia ("Carballiño TV", "Ourense TV", "Onda Limia TV", "Verín TV", "Periódico de Ourense", "Norte quincenal", "Fashion & Angels", "T quincenal", "Carballiño Sport"), membro destacado do "Foro Internacional Sensibilidades", ten presentado libros en lugares tan emblemáticos como a "Casa de América" (Madrid), no "CC General San Martín" de Bos Aires, na Sociedad General de Autores de España (Madrid), no "Teatro Rosalía de Castro" de Caracas, na "Universidade dos Andes" en Mérida (Venezuela), na "casa das Sirenas" en Sevilla, etc
    Casou no ano 1.976 con Clementina Pérez Vázquez. Nada en 1.961. Filla de Francisco Pérez Otero e Clementina Vázquez Pérez. Tiveron por fillos a VI.
  2. Gonzalo González Sotelo
  3. Antonio Rey González
  4. Manuel Rey González

VI XERACIÓN

  1. José Gregorio González Pérez. Nado no ano 1977.
  2. Jon Francisco González Pérez. Nado no ano 1986.
  3. Analén Katarina González Pérez. Nada no ano 1989.