I XERACIÓN

  • Juan del Peso e Feijoo.
    Casou con Magdalena de Caeiros. Naturais da parroquia de Lougares concello de Mondariz (Pontevedra). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Domingo del Peso Feijoo de Caieros. Natural da parroquia de Lougares.
    Casou con Dominga de Gabián e Casal. Natural da parroquia de San Xoán do Piñeiro. Filla de Álvaro de Gabián e María do Casal, naturais da parroquia de San Xoán do Piñeiro. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Capitán Juan del Peso e Feijoo. Natural da parroquia de Lougares.
    Casou con María Blanco e Valle. Natural da parroquia de Lougares. (para a súa xenealoxía ver Blanco e Valle Mondariz - Pontevedra). Tiveron por fillos a:

IV XERACIÓN

  • García del Peso Feijoo e Valle. Natural da parroquia de Lougares. Colexial de Fonseca 1677.
  • Capitán Antonio Feijoo e Valle. Natural da parroquia de Lougares.
    Casou con María Ordóñez de Novoa (para a súa xenealoxía ver Ordóñez de Novoa Crecente Pontevedra). Tiveron por fillo a:

V XERACIÓN

  • Juan Antonio Fernández Feijoo Ordóñez e Novoa. Bautizado o 30 de decembro de 1684 na igrexa da parroquia de Lougares. Colexial de Fonseca (1703).

Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela