I XERACIÓN

  • Francisco Vermúdez (de Castro). Casou con Dominga Franco. Veciños de San Xoán de Poio. Foron pais de:

II XERACIÓN

  • Bernardo Bermúdez de Castro e Franco. Nado en San Xoán de Poio.
    Casou en Pontevedra o 9 de xaneiro de 1689 con Magdalena Martínez Meixón. Filla de Juan Martínez e de Dominga Meixón, veciños de Pontevedra. Foron pais de:

III XERACIÓN

  • María Magdalena Bermúdez de Castro e Martínez. Nada en Pontevedra.
    Casou o 18 de decembro de 1712 nesta cidade con Manuel Calviño da Seara. Fillo de Benito Calviño e de Dominga da Seara. Foron pais de IV.
  • Bernarda Josefa Antonia Bermúdez de Castro e Martínez. Nada en Pontevedra.
    Casou na cidade de Pontevedra o 30 de xaneiro de 1724 con Miguel Martínez González. Fillo de Tomás Martínez e de Antonia González.

IV XERACIÓN

  • María Ventura Calviño e Bermúdez de Castro. Nada en Pontevedra o 7 de xullo de 1728.
    Casou en primeiras nupcias con Alberto Sixeyro.
    Casou en segundas nupcias en Pontevedra o 21 de febreiro de 1759 con Miguel de Pintos González. Fillo de Pablo de Pintos e de Liberata González.