I XERACIÓN

  • Domingos de Araujo.
    Casou con Susana Durán de Castro, da parroquia de Setados concello de As Neves (Pontevedra). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Amaro de Araujo.
    Casou con María Rosa Gil Durán (ou Durán de Castro). Filla de Juan Durán de Castro, do lugar do Zafal (ou Zajal?) e de Benita Fernández de Puga, da parroquia de Santiago de Ribarteme. Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • D.ª María Jacinta de Araujo
    Casou na parroquia de Santiago de Ribarteme en 1755 con D. Gregorio Gil de Castro (para a súa xenealoxía ver Gil de Castro, casa de Fontán, Ribarteme).