I XERACIÓN

  • Gregorio de Ocampo e Castro "o Vello", escribán de número do marquesado de Sobroso
    Casou con Marta de Portas e Castro. Veciños da parroquia de Angoares concello de Ponteareas. Fundaron un vínculo. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Capitán D. Gregorio de Ocampo e Castro. Parece que foi mordomo mor do Conde de Salvaterra, de Angoares da mesma familia da casa chamada da Curuxeira.
    Casou con D.ª María Pereira de Castro (tamén Pereira Troncoso) (para a súa xenealoxía ver as linaxes “Oya” e “Pereira de Castro – Ribarteme – As Neves”). Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  1. D.ª María de Ocampo. Parece que foi baptizada en Ponteareas en 1670.
    Casou na parroquia de Santiago de Ribarteme en 1698 con Antonio Gil de Castro Ulloa (para a súa xenealoxía ver Gil de Castro, casa de Fontán, Ribarteme).

  2. Isabel de Ocampo. Bautizada en Ponteareas en 1672. Casou cun fidalgo do sur de Galicia.
  3. Josefa de Ocampo. Bautizada en Ponteareas en 1678. Casou cun fidalgo do sur de Galicia.
  4. D. Benito de Ocampo Pereira de Castro Oya e Troncoso
  5. D. Domingo Antonio de Ocampo. Abade de Toutón.
  6. D.ª Lucía Suárez de Castro