Almonar Blanco. Un dos catro primeiros catro condes de Castela. Era o seu noveno neto:

I XERACIÓN

  • D Luis Blanco Salcedo.
    Casou con Dª Isabel Conde Diego Cano. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. D Andres Blanco Salcedo.
    Casou con Dª Isabel Conde. Tiveron por fillo a III 1. Del deriva D Antonio Martínez conde de Troncoso
  2. D Francisco Blanco Salcedo. Conselleiro de Castela.
    Casou con Dª Ines Rodriguez Tenrreiro. Tiveron por fillo a III.2.
  3. D Juana Blanco Salcedo. Dela deriva D Jose González Ojea tenente de granadeiros do rexemento de Monte Rei.

III XERACIÓN

  1. D Andres Blanco Salcedo.
    Casou con Dª Isabel Fernández San Pedro. Tiveron por fillo a IV.1.
  2. D Juan Blanco Tenrreiro. Falecido na parroquia de Sobrado do Bispo concello de Barbadás (Ourense) o 21 de decembro de 1686.
    Casou na parroquia de Sobrado do Bispo o 4 de agosto de 1667 nunha casa particular con:
    Dª Ana Presada Hidalgo de Pungin. Filla de D. Antonio Presada e Dª Isabel Hidalgo de Pungin. Descendente do capitán Pungin fundador de obras pias e posuidor de casas solares e maiorazgos dos que era posuidor en 1799 D Benito Sotelo señor da xurisdición de Zorga.
    Tiveron por fillo a IV.2.

IV XERACIÓN

  1. D Andres Blanco Salcedo.
    Casou con Dª Jesusa Armada e Pimentel. Tiveron por fillo a V.1.
  2. D Francisco Blanco Presada de Pungin. Bautizado na parroquia de Sobrado do Bispo o 25 de decembro de 1673. Faleceu nesta mesma parroquia o 4 de novembro de 1734, era veciño do barrio de Prado. Testou ante o escribán real Miguel Pérez de Novoa veciño desta parroquia o 30 de outubro de 1734, folio 84.
    Casou na parroquia de Sobrado do Bispo o 20 de maio de 1702 con:
    Dª María Salgado e Prado. Bautizada na parroquia de Sobrado do Bispo o 20 de setembro de 1680.
    Filla de D Domingo Salgado. Natural da parroquia de Sobrado do Bispo. Faleceu nesta parroquia o 7 de decembro de 1703. Testou verbalmente.
    Casou na parroquia de Sobrado do Bispo o 12 de outubro de 1678 con:
    Dª Catalina de Prado. Natural da parroquia de Sobrado do Bispo. Faleceu nesta parroquia de accidente e sen testar o 17 de decembro de 1714.

  3. Tiveron por fillos a V 2 a 10.

V XERACIÓN

  1. D José Blanco Armada. Posuidor en 1799 das casas e vínculos de Xunqueira de Ambía e Souto Castrelo.
  2. D Francisco Blanco Salgado. Abade da parroquia de Dorrón concello de Sanxenxo (Pontevedra) e logo ascendeu o curato de Queiroás.
  3. D Juan Blanco Salgado.
  4. Dª Aldonza Blanco Salgado.
  5. D Benito Blanco Salgado. Rexedor e correxidor da vila de Allariz.
  6. D Salvador Blanco Salgado.
  7. Dª Rosa Blanco Salgado.
  8. D Felix Blanco Salgado.
  9. Dª Andrea Blanco Salgado.
  10. D José Francisco Blanco Salgado. Nado na parroquia de Sobrado do Bispo o 7 de outubro de 1712. Falecido na vila de Marín. Sarxento maior e xefe de caudillo de xente armada do partido de Soutomaior. Alcaide maior e xustiza real e ordinaria do partido de Soutomaior. Foi varias veces xuiz da vila de Marín.
    Casou o 8 de febreiro de 1739 na igrexa parroquial de Dorrón concello de Sanxenxo con:
    Dª Rosa Isabel Cicerón Centeno. Bautizado na igrexa de San Xián da vila de Marín o 15 de marzo de 1713. onde faleceu. Foi soterrada na capela maior da igrexa de San Xián de Marín nunha das tres sepulturas privilexiadas do mosteiro de Oseira. (para a súa xenealoxía ver Cicerón).
    Tiveron por fillos a:

VI XERACIÓN

  1. D Lorenzo Blanco Salgado e Cicerón. Oidor da Real Audiencia de Bos Aires (Arxentina), falecido no ano 1790 nesa cidade.
    Casou con Dª María Mercedes. Filla do marqués de Villapalma. Tiveron dous fillos e dúas fillas, un deles e VI 1.
  2. Dª Isabel Blanco Cicerón.
    Casou co Licenciado Manuel Antonio AngonesFiscal e auditor de guerra e marina na provincia de Tui e vila de Vigo.
  3. Dª Josefa Blanco Salgado Cicerón.
    Casou con D Francisco Antonio Santa María. Tenente de capitán de granadeiros do rexemento provincial da vila de Pontevedra.
  4. D Francisco Blanco Cicerón. Bautizado na igrexa de San Xián da vila de Marín o 21 de decembro de 1740. Do consello da súa maxestade. Ministro honorario na Real Audiencia de Galicia. Oidor honorario da Real Audiencia de Galicia. Alcalde maior honorario da Real Sala do Crime do Real Tribunal do Reino de Galicia. Se lle concedeu a orde de Carlos III pero non a puido disfrutar pola súa morte. Testou o 1 de abril de 1799, folio 12.
    Casou con Dª Antonia Freire Saavedra (para a súa xenealoxía ver a linaxe Freire de Saavedra). Tiveron por fillo a VI. 2 e 3.

VII XERACIÓN

  1. D Buenaventura Blanco de Encalada. En 1791 se atopaba no Colexio da Ensinanza da cidade de Cádiz. Gardamariña.
  2. Dª María del Carmen Blanco.
  3. D Tomas Freire Blanco Saavedra. Nado na cidade de Tui o 15 de decembro de 1791. Cabaleiro da Orde de Carlos III por decreto do 24 de xuño de 1806.

Pertencían a esta familia

:
  • San Francisco Blanco. Xesuita. Asasinado en Nagasaki (Xapón) o 5 de febreiro de 1597. Pode leerse una biografía en: http://www.franciscanos.org/bac/pedrobautista.html
  • D Francisco Blanco Salcedo. Bispo de Ourense e Arcebispo de Santiago.
  • D Pedro Manuel Martínez Feijoo. Conselleiro de Castela.
  • D Pedro Martínez Ichazo e Lemos. Oidor de Valladolid.
  • D Francisco Blanco. Dean de Tui.
  • D Manuel Blanco. Arcediano de Baronceli.

FONTE

  • Espediente da orde Carlos III de Tomas Freire Blanco Saavedra