I XERACIÓN

  • D. Pedro Álvarez de Sotomayor (Pedro Madruga). Tivo por filla a:

II XERACIÓN

  • Dª Mayor Sánchez de Benavides.
    Casou con D. Juan Sequeiros e Silva. Cabaleiro portugués. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • D. Rodrigo de Sequeiros. Fundou o maiorazgo do pazo en 1543.
    Casou con Dª Briolanxa de Silva. Filla dos condes de Feira (portugueses).
    Tiveron doce fillos que usaron os apelidos Sequeiros, Sánchez, Benavides, Pereira e López entre eles:

IV XERACIÓN

  • Tres foron monxas no convento de franciscanas do Arenal de Vigo.
  • Dª Catalina. Casou con D. Alonso Arias de Saavedra.
  • Dª Teresa. Casou con D. Jácome Alonso
  • Dª Mencía. Casou con D. Juan Moreira
  • D. Baltasar. Herdeiro do maiorazgo.
    Casou con Dª Isabel Ozores. Da casa de Teanes. Tiveron entre outros fillos a:

V XERACIÓN

  • D. Rodrigo de Sequeiros. Cabaleiro da orde de Santiago. Administrador do Hospital Real de Santiago de Compostela.
    Casou en 1573 con Dª Magdalena de Acevedo Tiveron entre outros por fillos a VI.
  • Frei Antonio de Sotomayor. Arcebispo de Damasco
  • Frei Francisco de Sotomayor. Bautizado na igrexa parroquial de Santo Tomé de Freixeiro (Vigo) hacia 1560. Faleceu en Potosí (Bolivia) o 5 de febreiro de 1630. Bispo de Cartaxena e Quito. Arcebispo das Charcas.
  • Fei Álvaro de Sotomayor. Xeneral da orde benedictina.
  • Gómez Correa de Sotomayor. Inquisidor de Galicia.
  • D. Ares de Silva Sotomayor

VI XERACIÓN

  • D. Baltasar de Sequeiros e Sotomayor. I conde de Priegue título concedido en 1643. Mariscal de campo. Cabaleiro do hábito de Santiago. Gobernador de Baiona.
    Casou con Petronila Pardo de Castro Osorio

  • Tivo un fillo natural con Dª Antonia de Seixas Ulloa: VII
  • D. Diego de Zúñiga e Sotomayor. Bispo de Ourense. Falecido en 1637 en Madrid.
  • D. Gomez de Silva Ozores e Sotomayor. Faleceu en Tui en 1645. Inquisidor.
  • D. Placido de Sequeiros. Cabaleiro do hábito de Santiago.
  • Isabel Ozores de Sotomayor. Casou con D. Abel Troncoso. Da casa de Camos (Nigrán).

VII XERACIÓN

  • Luis de Sequeiros Silva e Sotomayor. Bautizado na igrexa parroquial de Santo Tome de Freixeiro o 9 de decembro de 1631. Cabaleiro do hábito de Santiago. Militar. Gobernador militar de Vigo, cargo que ocupaba cando faleceu o 17 de novembro de 1701.
    Casou con Dª María Saavedra Ladrón e Guevara. Filla de D Martín Saavedra, capitán xeneral e cabaleiro da orde de Alcántara. Irmá de D. Martin Saavedra conde de Escalante, capitán xeneral, cabaleiro de Santiago e xentil home da Súa Maxestade.
    Tiveron unha única filla:

VIII XERACIÓN

  • Dª Juana Luisa Sequeiros
    Casou en Pontevedra con D. Juan Antonio Patiño. Duque de Patiño. Mestre de campo.

Bibliografía
Espinosa Rodriguez, José. "Tierra de Fragoso". Notas para la historia de Vigo y su comarca. Vigo 1947. Pags. 359–374.