Situado na parroquia de Lois, hoxe en día en ruinas.

Foi fundado polo Coengo da Catedral de Santiago de Compostela:

  • ALONSO TRONCOSO DE SOTOMAYOR E GONDAR
    Nado na Vila de Cambados; foi bautizado na igrexa de Santa Mariña D’Ozo o 22 de abril de 1620. Faleceu en Santiago de Compostela o 3 de xuño de 1689 sendo soterrado no claustro da Catedral nun lugar preferente.
    Lle sucedeu en tódolos seus bens e vínculos:
  • MARTIN TRONCOSO DE LIRA
    Nado na Vila de Cambados; foi bautizado na igrexa de Santa Mariña D’Ozo. Lle sucedeu en tódolos seus bens e vínculos:
  • PABLO TRONCOSO DE LIRA E SOTOMAYOR
    Neto do anterior o herdou por morte do seu pai. . Lle sucedeu en tódolos seus bens e vínculos:
  • PABLO TRONCOSO QUIROGA E GARZA
    Veciño da parroquia de Leiro concello de Ribadumia. Lle sucedeu en tódolos seus bens e vínculos:
  • FRANCISCO JAVIER TRONCOSO
    Falecido o 7 de febreiro de 1847. Casou con María del Carmen Maza. Foron veciños de Santiago de Compostela onde tiñan a súa casa na rúa da Algalia de Arriba. Non tiveron descendencia. Testou en 1840. A súa disposición testamentaria se deu a coñecer na “Casa de Barrantes” o 15 de abril de 1847 polo escribán Domingo Obegero deixando a metade vincular dos seus bens a:
  • AMBROSIO FARIÑA TRONCOSO
    Veciño da parroquia de Vilariño concello de Cambados.
    Casou con Manuela Varela, veciña da parroquia de San Lourenzo de Moraña concello de Moraña. Lle sucederon os seus fillos:
  • LUCIANO FARIÑA VARELA
    Casou con Inocencia Gomez Bares
  • JOSE FARIÑA VARELA
    Casou con Eugenia Cores Lopez. Os seus descendentes herdaron o pazo.

Fonte: Victor Viana Martínez e Xosé Lois Vila Fariña Ribadumia. Ribadumia ciento cincuenta años de historia. Concello de Ribadumia, 1991.