A esta casa chegaron a mediados do s. XVIII os irmáns D. Lorenzo e D. Manuel Llorente Romero, naturais de Cárdenas (Logroño).
I XERACIÓN
- D. Lorenzo Llorente Romero. Rexedor perpetuo de Vigo.
Casou en 1763 con Dª Magdalena Tournel. Tiveron por fillos entre outros a II 1 e 2. - D. Manuel Llorente Romero
Casou con Dª Magdalena Pastor. Tiveron un único fillo II 3.
II XERACIÓN
- D. Manuel Llorente Tournel.
- D. José Llorente Tournel. Coronel de Infantería.
Casou con Dª Juana Diraychin. Tiveron entre outros fillos a III 1 a 3. - D. Manuel Llorente Pastor. Naceu en 1781 e faleceu en Madrid o 30 de xaneiro de 1873. Militar. Deputado a Cortes.
Casou en 1819 en Santiago de Compostela con Dª Carmen Rey Losada. Filla de Fernando Rey do Barreiro e Catalina Losada Bernaldo de Quirós. Procedía da casa de Picón parroquia de Arca concello de O Pino (A Coruña). Tiveron un único fillo III 4.
III XERACIÓN
- D. Teófilo Llorente Diraychin. Naceu en Vigo o 4 de novembro de 1827 e faleceu o 27 de marzo de 1905. Coronel de enxeñeiros. Solteiro.
- Dª. Ramona Llorente Diraychin.
Casou con D. Paulino Yañez. - Dª. Josefa Llorente Diraychin
Casou con D. Crispulo Villavicencio - Hipólito Llorente Rey. Nado en Santiago de Compostela o 4 de agosto de 1820 e falecido o 1 de xaneiro de 1890. Militar. Gobernador militar de Vigo.
Casou en Vigo o 8 de decembro de 1875 con Dª Elisa Naharro (para a súa xenealoxía ver “Casa Goda Baróns de” e Arines Casa de (Vigo) ). Non tiveron sucesión.
Bibliografía
- Espinosa Rodriguez, José. "Tierra de Fragoso". Notas para la historia de Vigo y su comarca. Vigo 1947. Pags. 354-359.
- VV AA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores (1810 – 2003) Parlamento de Galicia Real Academia Galega