Toponimia
Aquí, exploramos los innumerables topónimos que han dado vida a cada rincón de Galicia. Para los habitantes de esta tierra, cada lugar, cada pequeño rincón, lleva consigo una historia única que ha esculpido la identidad colectiva.
Desde los apellidos que se moldearon a partir de los lugares de origen hasta la forma en que los habitantes de Galicia se reconocían entre sí a través de sus raíces geográficas, esta sección se sumerge en el fascinante universo de los nombres. En los callejeros urbanos y en los recónditos parajes rurales, cada nombre cuenta una historia que trasciende el mero significado lingüístico.
Descubre cómo las casas y, a su vez, las familias, han dejado su huella en los topónimos, dando forma a apellidos que son testimonios vivos de la conexión profunda entre las personas y su tierra. Acompáñanos en un viaje a través de la Onomástica gallega, desde las calles de las ciudades hasta los caminos de los pequeños pueblos. ¡Bienvenido a la exploración de la identidad gallega a través de los nombres que dan forma a nuestra tierra y a nuestras vidas!
- Detalles
- Escrito por: Xosé Manuel Abel Expósito
SOBRE A ORIXE DALGÚNS NOMES DE RÚAS E LUGARES DA CIDADE DE LUGO.
Limiar.
Moitas veces teremos escoitado os nomes que tradicioalmente denominan lugares da nosa xeografía urbá. Asimesmo en moitas das casas da “zona Vella” da nosa cidade gárdanse antergos papeis que son testemuña do por qué de moitas das sonoras denominacións de lugar.
Se ben é certo o manifesto desprezo pola Toponímia tradicional na nosa cidade, na cal non se da o fermoso feito que acontece noutros pobos onde os nomes de diferentes épocas figuran nas pracas dos rueiros dando unha mostra de intelixencia dos pobos consecuentes coa sua historia, tamén é certo que o feito de poñerlle ás rúas os nomes de personaxes foi de sempre un feito en Lugo, cambeándose segundo os tempos e as modas como acontece en toda sociedade de provincia.
Como dixemos, noutros pobos, onde o interese pola historia local fai dos cidadáns uns compretos coñecedores do seu entorno, dase o feito singular de ter uns “rueiros” que, ademáis de recoller os nomes ó longo da historia, fan unha expricación do topónimo ou unha sinxela biografía do personaxe do que fai mención; a este feito únese a disponibilidade de documentacións con referencias ós distintos lugares da xeografía urbá, estas documentacións moitas das veces en arquivos particulares son abondosas na nosa cidade e, ó mesmo tempo, son descoñecidas moitas das veces polos responsables da conservación do noso patrimonio, o que de feito chócanos fóndamente ós que temos un mínimo de coñecemento da história local.
A ninguén hoxe na nosa cidade lle soarán alleos os lugares de Fingoi, Magoi, Lamas de Prado, Fonte dos Ranchos, Aceña de Olga, Carril dos Fornos, Volta da Viña... e outros dos que trataremos neste traballo para o cal utilicei algúns documentos pertencentes ao meu arquivo familiar e outros que me foron amablemente facilitados por parentes e amigos. Como vencello entre todos eles podemos decir que na súa maioria proveñen da vella linaxe dos Lugos e da súa ampla descendenza na que eu me incluo. É por isto polo que estes datos son recollidos nun sinfín de documentos pertencentes a distintas casas: testemuñas, pleitos, capitulacións, fundacións, etc. Fan alusións a rúas e praciñas, terras de labranza, soutos e xesteiras , montes e regueiros, así coma hortas e pomares.
Cecáis algúns dos lectores moren enriba dalgún destes lugares que non fai cen anos era fermosa horta ou frondosa xesteira ou cecáis algún mesón se atope cerca dun lugar que foi vide, porque as terras adicada ó viño cegaron noutro tempo ata o arrabaldo da nosa cidade. Así, nun plano topográfico confecionado a fináis do século XIX, sáen ó noso paso dous chamativos nomes; un deles “Finca da Viña”, nas inmediacións do Balneario que xuntamente coa nomeada “Finca do Volteador” formaba parte do patrimonio pertencente ó Pazo de Miraflores, pazo éste reedificado polo bispo D. Pedro de Ribera segundo fai cita un documento feito en pel de carneiro nos primeiros anos do século XVI. Este pazo foi finca de lecer dos bispos lucenses ata os anos cincoenta da XIX centuria nos que, trala desamortización, pasóu por unha serie de vicisitudes e outras tantas máns ata vencellarse ós amplos bens da Casa da Olga de Pol.
Seguindo agora o plano do que fixemos mención con anterioridade (do cal sinalarei que ten unhas dimensións máis ca xenerosas ó estar nunha sola folla e nuha escala de 1/1000) que se fixo para marcar o trazado xeral do alcantarillado e a estación elevadora de augas naquelas datas de finais do século XIX podemos ver unha ampla zona dos arredores de Lugo. Así atopamos nas inmediacións da actual Pontenova, a chamada “Viña do Chartré”, indicativo dunha finca da que era beneficiado a dignidade catedralicia da cal toma nome.
Nomes Medievais.
Na documentación medieval da cidade de Lugo citasenos os seguintes topónimos:
Fonte de Asertare, Agro de Mayor Gil, Rua Miñá, Ponte Miñae, Aboin, Regatelo, Alvergueria, pozo da Pinguela, Campo, Ferreirias, Canónica, Burgo Nobo, Rua Noba, Castelo, Cortiñas de San Román.
Nomes do Rexurdimento.
Torre de Noriega (Muriega), Fieis de Deus, fonte da Pinguela, Rua do Falcón, Rua do Moucho, Rego dos Hortos, San Pedro de Afora, abajo del Pozo, Casa de los Aniversarios, la Tahona, la Alhondiga, Rua do Sol.
Nomes do Barroco.
Carril das Campas, Carril dos Fornos, As estantigas, praza mayor, calle do Colexio, Carril do Gato Mouro, Barrio del Pájaro, San Roque, Barrio das Flores, Lamas de Prado.
Vexamos agora algúns dos topónimos menores:
A Volta da Viña
Como queda dito, co nome de “Finca da Viña” era coñecido o terreo ribeirán situado baixo o “Garañón” e o pazo de Miraflores ata turrar co camiño da Tolda, xa citado en documentos medievais. Asimesmo acontece coa ringleira de casas a carón da vella calzada que lle fai de demarcación polo ponente. Niste paraxe o que máis nos chama a atención é a canteira que se formou no rebaixe do devandito “Garañón” co fin de conquerir material de recheo para as obras levadas a cabo na cidade na segunda metade do século XVIII. Isto supuso o dispor dun acceso axeitado ós carretos da pedra, requisito que non tiña a vella calzada. Este novo trazado, que xurdiu dun xeito provisional, tomóu natureza definitiva - non sin ser motivo de litixos - perpetuándose do xeito que hoxe coñecemos co seu característico trazado en volta.
A Aceña de Olga
Sen sairmos do lugar antecedente diremos que o terreno ribeirán que dende o lugar de Magoi baixaba ós baños, era coñecido como a “Costa do Baño”, onde destacaba o edificio que gardaba as vellas termas. A historia destes lugares vencéllase ó proceso desamortizador do século XIX no que a meirande parte dos bens da igrexa pasaron a mans laicas sendo o máis curioso do caso, o feito de que tanto o pazo de Miraflores como as fincas pertencentes ó mesmo e o edificio dos baños así como o patrimonio limítrofe, pasan nun primeiro intre a distintas mans para recalar finalmente nun só personaxe que non figura ó primeiro; este personaxe é D. Dositeo Neira Gayoso, fillo de Dna. Ramona Gayoso Ulloa (herdeira dos bens dos Gayoso de Vilamoure entre outros moitos) e de D. Ramón Neira (dono da casa da Olga na parroquia de Caraño, concello de Pol). Todos estes personaxes, coñecidos popularmente coma os “Señores da Olga”, edificaron as aceñas que hoxe coñecemos como “Aceña de Olga” que máis recentemente deron nome a unha moderna urbanización. Na dita parroquia de Caraño consérvanse ainda os lugares de “Olga de Arriba” e de “Olga de Abaixo” onde ainda existen as casas pertencentes antaño á linaxe dos Neiras.
Fingoi
Dos lugares que se mencionan con certa frecuencia en documentacións medieváis tanto eclesiásticas coma civís pertencentes á linaxe dos Lugos ocuparémonos agora dos de Magoi e Fingoi, citados na demarcación da antiga parroquia de Santa María Madalena de Recatelo á cal tamén pertencían os devanditos “da Viña”, “Miraflores” e “o Baño” que, xunto cos de “Mongil” (Mayor Gil), “Abuín de Abaixo” e “Pumariño”, máis o arrabaldo de “Nosa Señora do Camiño”, conformaban a devandita parroquia que foi anexo de San Pedro de Lugo. Do lugar de Magoi, do que na actualidade ainda se conserva a casa principal ( a cal, segundo o Catastro da Ensenada, era de un alto con nove varas de frente por seis de fondo), diremos que nos padróns do século XVI atopamos xunguido ó nome, o apelativo de Magoi, (Veciños dos lugares de Fingoi e Magoi en 1587: Mª López de Magoi, viuda; Juan de Magoi, Bartolomé de Magoi, Álvaro López de la Herrería y Bastián García de Gayoso). Así coma nos anos medieváis atopamos a “Vila Malagoi” tamén atopamos mencións a este lugar nas documentacións dos Lugos e os seus descendentes. No século XVIII os bens de Magoi eran propiedade dos marqueses de Viance sendo levados estes bens por Fernando Calviño, o cal pagaba ós ditos marqueses de Viance como sucesores nos bens da casa de Sangro, “11 fanegas de centeno, 1 cerdo en canal, 5 capones, 1 carnero y 66 reales”; o mesmo Calviño pechaba asímesmo ó Hospital de San Xoán de Deus 9 fanegas de centeo.
Do hito Xeografico de Fingoi, diremos que fai referencia a un amplo termo xeográfico coñecido tamén coma “Ripa Minei” (1088 que xunguía baixo unha mesma nominación os terreos ribeiráns do Miño pertencentes ás parroquias de Recatelo, San Pedro y Felix de Muxa, Santa Olalla de Cuiña (Santalla) y San Antonio de Fingoi (Santuiño). Iste lugar de Fingoi, cítase en moitas documentacións pertencentes a distintos séculos; nel existiron os mosteiros de Santa Olalla de Cuiña e Santo Antonio de Fingoi na marxe dereita do Miño e a Torre de Fingoi coa súa capela adicada a San Miguel Arcanxo (hoxe a Santo Antonio) na parroquia de Recatelo e o Pazo de Mirapeixe de Fingoi pertencente á de San Pedro e Felix de Muxa coa curiosidade de que entre unha e outra mansión señorial non mediaban 100 metros e estaban situadas ambolasdúas na marxe esquerda máis cercana á cidade. Dunha e outra consérvase documentación das suas terras o cal me levóu a confecionar o planiño que figura neste traballo, asi como a relación dos topónimos que refiro a continuación e que fan alusión a outras tantas fincas: Cancela, Pardiñas, Rial, Barreiras, Areeiras, Mosqueira, Agra Pequena, Lama, Campo de Marce, Fonte, Pomar, Aira, Mingán, Puente, Alarga, Regodecales, Forno, Cima de Vila, Madanela, Torre, Capela, Valiño, Lamacerdeira, Agro da Pequeniña, Marquiña, Aguileiro, Festos, Millara, Vica, Ribeira, Entrecasas, Caneiro, Agro da Bouza, Magoi, Fingoi, Costa do baño, Agro da Fame.
Relación de veciños do lugar de Fingoi no ano de 1750: Luís de Luxilde, 1 casa no lugar de Fingoi de un alto. Xoán de Vicente, 1 casa dun alto en Fingoi. Cidre do Monte, 1 casa dun alto no lugar de Fingoi. Luís de Reboredo, 1 casa terrea en Fingoi.
Todos estes pertencen á parroquia de Recatelo. Por outra banda, e xa na parroquia de San Pedro e Felix de Muxa, D. Manuel de Gayoso era dono dunha casa no lugar de Fingoi que fai de frente 12 varas e de fondo 8, máis outra terrea no mesmo sitio. Engadiremos, sin deixar a fonte que vimos desenrolando, que é a dita do Catastro da Ensenada, pero agora no concerniente á demarcación do termo da cidade, no cal se nos di : “ Viene al camino que sale de Lugo para San Fiz, desde allí se viene por una corredera estrecha que se dice de Pardiñas, y saliendo de ella por la esquina de una heredad de Carlos Madarro que se hallan en el agro de Campomarce quedando ésta fuera del término y saliendo de ella da la vuelta por encima de otra de D. José Mexía saliendo por dicho agro abajo atravesando las heredades de Juan de Outeiro e Isidro do Monte y saliendo de dicho agro por encima de un prado que es de D. Francisco Xavier Montenegro y Becerra, hasta un trollo que dicen Veiga de Lamas y de allí riego abajo hasta el palomar de D. Manuel Gayoso, cogiendo por debajo de la casa de dicho D. Manuel quedando ésta fuera del término, desde allí bajando por una corredera hasta el sitio do Lavadoiro y desde allí baja al dicho Río Miño, cogiendo río arriba hacia la puente de Lugo”.
O Carril dos Fornos.
Dentro dos topónimos adicados ós oficios, este dos fornos ten unha serie de consideracións para iniciar o seu estudo. Ben é certo da tradición de elaboración do pan e da repostería na nosa cidade; de feito, teño atopadas claras referencias nos fornos que existiron (estamos a falar con fins industriáis, pois cónstanos a existencia de fornos domésticos en moitos dos fogares do Lugo antigo) na antiga rúa de Batitales (hoxe Doutor Castro), adicados á feitura de Pastelóns e doces o que lle levóu a ser coñecida popularmente coma “Calle de las dulcerías”; un achegamento ó Arquivo Municipal na sección de obras (Hoxe no Histórico Provincial) danos unha clara idea disto que estamos a falar.
Pero agora, voltamos ó principio nesta curiosa ruiña da nosa cidade e nela repararemos nun vello edificio, hoxe en ruinas que si o localizamos no plano anterior atoparemos o seu sinalamento como “Suministros Militares” o que nos sitúa no vello cuartel de intendencia de Lugo, onde se atopaban os fornos de abasto para tropa acuartelada nesta cidade.
Lamas de Prado e a Fonte dos Ranchos.
Voltamos agora ó Catastro do Marqués da Ensenada e no libro de interrogatorios, atopamos os límites da Cidade de Lugo na metade do século XVIII, e trancribindo textualmente atopamos o que sigue: “ ...Hasta entrar en el Agro do Castiñeiro por la serventía del mismo agro hasta una esquina de una heredad del referido D. Joseph y desde ella retrocede la dicha demarcación por los umbrales de una casa de campo del mismo D. Joseph, que llaman Lamas de Prado, quedando esta con su huerta y otras partidas dentro del termino”.
O “D. Joseph” do que aquí se fala é o mesmo que figura na cartela que campa na peineta do pazo municipal de Lugo, a quen pertenceu esta herdade, cuxo Pazo ainda se conservaba nos anos 70 do século XX e que fóra fundación da familia friolense formada polo morgado de Lamas e unha descendente da torre de Friol, orixe dos Lamas de Prado da casa de Lousende, dos cales esta propiedade pasóu aos Vaamonde e dispois aos Pardo de la Vega, de linaxes coñecidos no eido municipal.
Dentro destes bens, según podemos ver no plano que nos axuda neste traballo, atopábase un estanque de boas dimensións que se rotula como “Fuente del Rancho” onde, segundo a tradición popular, os tratantes bañaban os cochos antes de se dirixir ó mercado do gando no arrabaldo da cidade de Lugo.
Bibliografía:
- Arquivo da Casa de Fonteboa, Santa Marta de Fixos (Lugo).
- Arquivo Histórico Provincial, Sección Ayuntamiento-obras públicas.
- Libro de Oro de D. Alejandro Pedrosa.
- Planos da cidade de Lugo.
- Arquivo do Reino de Galicia. Documentación do Marqués de Ombreiro.
Autor: José Manuel Abel Expósito. © 14 de junio de 2001
- Detalles
- Escrito por: Fermín Pérez Losada
Documento
A pesar de los precursores estudios de Alberto Sampaio y Joseph María Piel sobre los reflejos toponímicos de las villae en el Noroeste hispánico, carecemos en Galicia de cualquier tipo de estudio publicado sobre la toponimia de los asentamientos rurales romanos al estilo de los que Bobes, Guaza o Pabón han realizado respectivamente para Asturias, País Vasco y Andalucía.
De todos modos, algo se puede adelantar al respecto. Es bien sabido que el sistema latino para denominar las villae en la Hispania romana consiste en posponer al nombre genérico el determinativo de su propietario o fundador sufijado en -ana, de modo que una villa propiedad de un Martius se denominaría villa Martiana, siendo precisamente este segundo elemento el que pasa a la toponimia generando así nombres de lugar tales como los gallegos Marzá en Touro y Palas de Rei. Sabemos además que este sistema queda prácticamente fosilizado a partir de la época germánica al ser totalmente sustituid por el genitivo de relación, o sea que una villa propiedad de un Martius de esta época o posterior (villa ente ida ya como poblado o aldea) se denominaría villa Martii, cuyos resultados toponímicos son los actuales Marce y Vilamarce de Pantón y Lugo. En conclusión: todos aquellos topónimos gallegos que remonten a un antropónimo latino sufijado en -ana nos están indicando con un alto grado de seguridad la ubicación de un antigua villa romana.
El problema consiste, pues, en encontrarlos y distinguirlos en la complicada toponimia gallega actual. Las dificultades no son pocas, puesto que en toda la zona occidental la evolución del sufijo latino da -án, terminación que también puede provenir del genitivo -ani, de modo que resulta prácticamente imposible distinguir si los actuales Marzán de Vedra y 0 Rosal provienen de una romana villa Martiana de (Martius) o de una medieval villa Martiani (de Martianus), a no ser que tengamos atestiguada su forma medieval. Solamente serán válidos para nuestro propósito, por lo tanto, los topónimos de la zona oriental terminados en -á, resultado indefectible en esta zona de la desinencia latina -ana como también indefectiblemente en esta área el genitivo -ani evoluciona en el gallego -án (los Marzán de Monterroso, Bóveda, Sarria y Saviñao por ejemplo, todos provenientes de villa Martiani).
Con base en estos datos que sucintamente acabamos de exponer, nosotros mismos hemos realizado en 1986 una primera aproximación a los topónimos reveladores de la existencia de villae romanas en el área del Convento Lucense. De entre los más de 40 detectados citaremos a continuación solamente aquellos más probables y seguros (en pocos casos contamos con la necesaria forma intermedia medieval):

Así pues, en todos estos lugares debieron de existir villae romanas fundadas por Annius, Aracilius, etc. Sería realmente interesante comprobar si efectivamente existe en estos lugares algún tipo de resto arqueológico que lo confirme, aunque también resulta lógico pensar que, dado que estos sitios han estado continuamente habitados desde la época romana a la actual, seguramente ya habrán sido totalmente arrasados.
Quisiéramos realizar, por último, algunas consideraciones sobre dos tipos de topónimos con origen en palabras comunes que a veces se han aducido, sin la suficiente base para ello, como indicadores de la distribución del poblamiento rural romano en Galicia. Nos referimos a "vila” (de villa) y a “pazo” (de palatium). Su origen latino lingüístico es innegable pero sí que resulta muy discutible su pretendido origen histórico romano, Ya hemos dicho que en época romana las villae eran deno-minadas a través del determinativo de su propietario, elemento éste que precisamente fue el que pasó a la toponimia; el término común villa, dada su obviedad y generalidad, era, por tanto, inhábil en la Antigüedad para generar topónimos. Quiere ésto decir que todos los nombres gallegos de lugar “vila” (con su compuestos y derivados) solamente remontan como máximo a época altomedieval, período en que, además, es cuando se produce la mutación de significado de villa, que pasa a significar simplemente una aldea, un núcleo rural, un conjunto de casas en el campo, En cuanto a los múltiples “pazo”, existe solamente la remota posibilidad de que alguno de estos lugares indique la presencia de un hipotético palatium romano. En efecto la plabra común que lo nombra tuvo vigencia tanto en el latín tardío como a lo largo de toda la evolución de la lengua romance hasta hoy, con posibilidades por lo tanto de haber generado topónimos en cualquier momento de todos estos largos siglos de Historia, De este modo, a falta de documentos escritos que lo eluciden, resulta imposible distinguir cuáles “pazo” remontan al palatium romano y cuáles a las características construcciones palaciegas rurales del XVI, XVII o XVIII (por sólo citar algunas), que probablemente serán la inmensa mayoría.
Bibliografía
Pérez Losada, Fermín. Los Asentamientos en la Galicia Romana. Galicia, Historia. Tomo I, capítulo 19. Páginas 431, 432 y 433.