Na Idade Media a cidade de Lugo, no seu espacio intramuros dividíase en dous burgos: o Chamado Burgo Nobo, a carón da porta de San Pedro, acceso dos peregrins a San-Yago, e ben perto da Ferrería (nas inmediacións de Santo Mingos). Outro burgo, era o fundado por Odoario (750-780) que era o Burgo Vello (locus eclesiastico) espallándose no século X po la chamada Rúa Noba ou Maior. Dentro do Burgo Vello, existían os barrios seguintes:
- FIEIS DE DEUX, hoxe en día Plaza de Pío XII é antes do Bon Xesús. é a Rúa da Catedral.
- FALCON. con as Rúas do Falcón é do Moucho.
- TANARIA.rúa da Tineria é do Miño
- CAMPO, con a praza do Campo é bispo Basulto.
- CREUS, con a Rúa da Cruz.
- CANONICA, con a Rúa dos Cregos.
- BATITALES, con a Rúa do Doutor Castro ou das docerías.
- POZO DA PINGUELA, con o fondo da praza do Campo.
- FONTE DA PINGUELA, Xunto a Porta Miñá.
- BERMUDO SÁNCHEZ, rúa actual do Conde de Pallares, é antano Rúa Travesa.
- PORTAL DOS LOBOS, que era recordo da porta de acceso na muralla medieval o burgo Vello, é que estaba no fondo da actual praza Maior, antes das Cortiñas de San Román é Campo Lucense, onde hoxe esta a escalinata de Pimentel.
Tamén o entramado defensivo deixou a súa sinal na toponimia, así:
- CASTELO, entre a porta de San pedro é a Praza Maior, o actual Campo Castelo"
- TORRES DOS CONDES DE LEMOS. na actual praza do Ferrol.
- ALMENA DO REY, na actual porta do Bispo Odoario.
- TORRES DA PORTA NOBA, na actual porta Noba.
- TORRES DA PORTA MIÑÁ, na actual Porta Miña.
- TORRE MURIEGA, ( Noriega o do Postigo) na actual Porta de Santiago, do boquete ou do Postigo.
Tamén e amais das mencionadas torres e fortalezas da muralla, existiron outras fortalezas interiores, entre as que mencionamos:
- TORRE DOS VIVEIRO, na rúa da Cruz,
- TORRE DE VOAN, perto da porta miña.
- TORRE DE D.ALFONSO, na rúa Noba, a altura do Pazo da Maza.
- TORRE DE BERMUDO SANCHEZ, (cecais a mesma de Aguiar) no edificio do Casino.
Outros pazos e casas:
- CASA DA CANONICA OU DE ANTEALTARES, na rúa dos Cregos, perto da actual praza maior.
- PAZOS EPISCOPAIS, ó carón da Canónica o Rúa dos Cregos.
- CASA DOS ANIVERSARIOS, perto de a Porta Miña.
- CASA DE PEDRO MONTENIGRO, perto de a Porta Miña.
- ALVERGUERIA VELLA, O HOSPITAL DE SANTA MARÍA, na rúa dos Cregos.
Autor: Xosé Manuel Abel