Extraído da Revista Estadística Española números 60, 61, 62 e 63, segundo semestre de 1973 e primeiro semestre de 1974, por Rafael Mir de la Cruz. Traducido o galego por Noelia Muñíz Vidal.


Patronímicos e Apelidos máis frecuentes

Os patronímicos españois máis comúns, como Fernández, García, González, López, Rodríguez, alcanzan maior proporción que nas medias nacionais, presentando algúns, como Bermúdez, Núñez e Suárez, coeficientes máis altos, o mesmo que acontece nas próximas rexións asturiana e leonesa. Os xentilicios xenuinamente galegos levan as desidencias -es ou -is. O -z é innovación castelá, aínda que, como antes indicamos, hai nomes de orixe sueva co sufixo -riz. Os apelidos portugueses que corresponden aos seus correspondentes patronímicos casteláns rematan tamén en -es: Fernándes, Rodrígues.

Citaremos, como propios da rexión, os de Alves (de Álvaro ou Alvar), Bautis (de Bautista), Páes ou Páis (de Paio -ou Pelayo, en castelán-), Giráldez (de Geraldo), Meléndrez (variante de Menéndez), Martís (de Martín), Mauríz coa deformación de Mouriz (de Maura ou Amaro nalgunhas bisbarras atlánticas e en Portugal), Vieites (de Vieito, BieitoBenito, en castelán-), Flórez (de Froilán- Fróilez, volvéndose Flórez por metátese).

Os apelidos haxiográficos sintetizan a miúdo o título de beatitude e a advocación, o mesmo que os paralelos topónimos:

Apelidos haxiográficos
Beato/Advocación Variantes en Apelidos Galegos
San Bréjome ou San Verísimo San Breixo San Breixo Sambreijome Sambreijo
San Cebrián ou San Cipriano (Cibrán) San Cibrao San Cibrán San cibrá
San Félix Sanfiz
San Ginés San Xenxo Sanxenxo Sangenjo
San Julián San Xián Sanxián San Xiao Sangiao
San Jorge San Xurxo Sanxurxo Sanjorge Sanjurjo
San Pelagio ou Pelayo San Paio Sampaio Sampayo
San Tirso Santiso
Santo Tomás Santomé
San Juan San Xoán Seoane Seivane Sanjuán
Santa Eulalia Santalla Santabaia Santaballa Santabaya
San Sabiniano Saviñao

Desinencias

A lingua galega non sufriu nos seus ditongos a erosión que tivo a castelá.

1. -Eiro. É o sufixo galego máis frecuente na composición de palabras. Corresponde ao castelán -ero e, engadido a unha raíz, designa comunmente oficio ou quefacer: Santeiro (imaxineiro ou o que leva o santo), Caleiro (o da cal), Tojeiro ( Toxeiro, colleiteiro de toxo), Casteleiro (o do castelo, non castelán de nacemento), e pode denotar así mesmo calidade. Tal é o caso de Tenreiro (tenro, afectuoso), e de Frieiro (frío); ou lugar, Palleiro (de palla, pallar); plantas, Loureiro (planta laurácea), e animais, Carneiro; e obxectos, Agulleiro (alfineteiro), vocábulos todos eles de copiosa representación toponímica e onomástica.

2. -Eira. O feminino non se prodiga tanto, aplícase a vexetais: Uceira (mata de uz o breixo); ou a lugares abundantes naquilo ao que alude a raíz: Pedreira (canteira), e mesmo a cousas, como en Leira (finca ou herdade).

3-4. -Eiros e -Eiras. Plurais empregados en expresións análogas: Caneiros (presas para la pesca fluvial), Painceiras (de paínzo, millo miúdo).

5-6. -Oira, -Oiro e -Orio. Terminacións tipicamente galegas de longa data, que adoitan corresponder a nomes de obxectos. Hai apelidos practicamente desaparecidos da rexión, como Tenorio (na provincia de Pontevedra hai unha parroquia e un río que responden a ese nome), de etimoloxía se cadra relacionada cunha palabra antiga castelá: tena (apeiro ou esterco dos animais), da que arrinca este apelido aragonés; e Osorio, estendido por toda a Península, seguramente galego, aínda que en Galicia o oso é urso, e parécenos improbable que dimane de óso (formante do esqueleto) ou osedo (osario). Os plurais como Camoiras, Reboiras e Quemadoiros son raros.

7-8 9-10. -Iño e -Iña. As desinencias máis enxebres como sufixos de nomes e topónimos. Forman os diminutivos de carácter cariñoso Alvariño, Mauriño. O feminino non sempre implica diminutivo: Raíña (muller do rei), nin tampouco os plurais Fuciños (fociño: parte da cara dos animais). Supoñen tales partículas un xeito de derivación morfolóxica sempre dispoñible.

11-12. -Al e -Ar. Sufixos de colectivos ou de conxuntos de elementos de clase análoga. En castelán e en catalán son correntes as palabras con estas terminacións, non distintivas das galegas, tales como Areal (depósito de area), Outeiral, Remesar (lugar donde se remexe ou revolve). Algunhas raíces admiten as dúas variantes: Pombal e Pombar.

13. -An. Adoita aplicarse a palabras que sinalan unha procedencia ou oriundez: Illán (illán, pertencente á illa), Castelán (de Castela, que ten outra variante do xenitivo: Castelao), e en adxectivos: Soilán (que é ou está só), Magán (elegante, con graza). Illán é tamén nome bautismal (San Millán).

14. -On. Aumentativo que designa unha calidade, despectiva polo xeral: Cachón (burbulla que fai un líquido ao ferver, fervenza); Esperón (persoa ou animal escuálido), Brandón (de brando, mol), Rosón.

-Ona está en desuso e -Ota indica burla ou menosprezo: Carnota (de carne), Maragota (especie de peixe con grandes beizos), e -Ote, Marcote.

... continuará