“Galicia en el comercio marítimo medieval” é a tese de Elisa Ferreira Priegue, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e dirixida polo tamén profesor Doutor Ermelindo Portela Silva. Esta tese foi lida o 8 de Xaneiro de 1987 na Universidade de Santiago.
Podemos atopar un FEIXE de datos sobre famílias como por exemplo os Barbeito de Pontevedra, os Outón de Noia, os Liñeiro de Muros, os Da Torre / De la Torre de Pontevedra. Título: Galicia en el comercio marítimo medieval .
Autor: Ferreira Priegue, Elisa M.
Editorial: A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Fecha: 1988
Páxinas: 903 p. ; 24x17 cm.
ISBN: 84-85728-71-8


Algúns de vos preguntaredes cal é a importáncia deste libro para a xenealoxía, eu penso que ten moita xa que non é doado armar a árbore xenealóxica na Idade Média, polo que moitas das veces temos que recurrir aos documentos notariais e saber mesmo en que arquivos ou coleición privada se atopan. Deste xeito, as fontes de arquivo que nos ofrece este libro son imensas. Ainda que se trata dun libro de história , eu recomendaria-o coma axuda xenealóxica sobre todo para famílias galegas da zona costeira e por tanto cunha forte ligazón ao mar: mariñeiros, mareantes, pescadores e outros ofícios dependentes.
Tamén é recomendábel para todos aqueles que gosten da história da Galiza, aquí atoparán moitísima información, entre outras cousas, sobre o comercio, mapas, flotas, as rotas, os homes...no medievo.
Só lle vexo unha eiva ao libro...non consta de índice onomástico, polo que hai que leer-se o libro desde o princípio até ao final.

O devendito libro está editado pola:
Fundación Barrié de la Maza
Cantón Grande, 9. 15003 A Coruña.
E-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.


A Fundación ten ademáis un catálogo virtual con venta electrónica en www.fbarrie.org/comercio