Descubrindo Nº 7 Título: Notas históricas de Deza. Achegas Documentais.
Autor: Cesar Gómez Buxán
Publicación: Descubrindo. Anuario de Estudios e Investigación. Nº 7.
Fecha: 2005
Páxinas: 143-168. 26 p.

Escolma de documentos transcritos sobre a comarca dezá provintes de distintos arquivos.

1596, xaneiro, 4. Torre de Lalín.
Foro dunha tenda da feira de Laín que fixo Martín Salgado de Araúxo, alcaide da torre de Lalín e terra de Deza, a prol de Lopo Rodríguez, mercader, veciño de Ourense.
AHUS, protocolos, Cristóbal Gondín, 1596, f.1.

1596, xullo, 9. Barrio Novo, Santa María de Sar.
Contrato entre Rodrigo Taboada, veciño de Santa María de Merza, e o prateiro Bartolomé Taboada, veciño da cidade de Santiago, para que este fixese unha cruz procesional para a devandita freguesía de Merza.
AHUS, protocolos, Pedro Varela de Ramil, 1596, ff. 20-21.

1616, novembro, 6. Torre de Lalín.
Obriga que fixo Antonio González de Cadrón para arranxa-la Ponte Vilariño, na que se espresa os materiais a empregar e o prezo do traballo.
AGB, protocolos.

1685, abril, 11. Moas. San Lourenzo de Brántega.
Convenio entre Amdrés Sanchéz e os demais veciños do lugar de Vilanova en San Lourenzo de Brántega, para o arranxo do camiño real que pasaba polo citado lugar.
AGB, protocolos.

1710, agosto, 28. San Mamede de Fontecabalos.
Tasación por mestres de arquitectura da obra da casa do Arcedián, en San Mamede de Fontecabalos e concordia entre o constructor, Bastián de Barros e o arcedián de Deza.
AHPP, protocolos, Amaro Frernández, 1710.

1768, xuño, 4. San Martiño de Rellas.
Fundación de ermida adicada a San Ramón Nonato que fixo don Francisco Antonio Hierro e Rozas, interventor da renda do Tabaco da administración do Foxo.
AHUS, protocolos, 5751, f. 5.

1799, decembro, 14. Torre e fortaleza de Lalín.
Poder dos veciños de Santiago de Lebozán e Santa Mariña de Zobra para a contenda que manteñen relativa ó arranxo da ponte de Viñoa.
AHPP, protocolos, Carlos Ramos Gil, 1799, f. 138.

1799, decembro, 19. Igrexa, Santa María de Donramiro.
Poder dado polos veciños de Santadrao de Moneixas e Santiago de Ctasós para a contenda que relativa ó arranxo da ponte de Viñoa.
AHPP, protocolos, Carlos Ramos Gil, 1799, ff. 139-140.

1814, xaneiro, 5. Casa rectoral de San Xoán de Toiriz.
Poder dado polos veciños de Toiriz para que sexan incluídos nos Departamentos de Palmou ou Cangas, en vez de no formado no lugar das Cruces.
AHPP, protocolos, Carlos Ramos Gil, 1814, f. 5.

1846, maio, 11. Lalín.
Doazón que fixo don Pedro Antonio Quiroga do terreo preciso para a construcción dun edificio de cárcere para o pobo de Lalín.
AHPP, protocolos, 1846, Pedro Tomás Ramos, f. 77.

1850, xuño, 21. Lalín.
Foro que fixo don Ramón Sánchez, veciño de Santa Baia de Banga, administrador de don Pedro Antonio Quiroga, a prol de Francisco Diéguez, veciño de San Cristobo da pena, dun terreo xunto ó campo da feira de Lalín.
AHPP, protocolos, Pedro Tomás Ramos, 1850, f. 27.