Edicións Embora entre as súas novas do nadal ven de presentar o libro "Inventario heráldico ferrolano" de Carlos de Aracil. Lemos en La Voz de Galicia que no libro documéntanse máis de douscentos escudos que aínda existen na comarca, en casas, lápidas, capelas, igrexas i edificios públicos.

«Ferrolterra -advirte De Aracil- é unha zona riquísima en patrimonio heráldico e o que non podemos permitir de ningunha maneira é que se estraguen ou desaparezan máis escudos por uns motivos ou por outros; non podemos esquecer -engade- que cada un deses escudos forma parte do patrimonio histórico dos ferroláns».

O volume divídese en dúas partes. A primeira delas céntrase en Ferrol -recollendo heráldica estamental, relixiosa, funeraria e xentilicia-, mentres que a segunda -elaborada coa colaboración de Juan Burgoa- dá conta dos escudos do resto da comarca, pero limitándose exclusivamente a brasóns familiares.

Para Carlos de Aracil non hai escudos máis importantes que outros. «Todos son valiosos -di tallante-, porque todos pódennos dicir algo da época na que se fixeron; non se pode esquecer que a heráldica, como a paleografía ou a iconografía, é unha ciencia que permíteche investigar a historia».
O libro inclúe un apéndice con fotografías de cada un dos escudos.