Orgaizado polo Instituto da Lingua Galega, a Asociación Galega de Onomástica e a Real Academia Galega, terá lugar os días 2-3-4 setembro do 2002 na Facultade de Filoloxía, en Santiago de Compostela. Comité organizador
  • Ana Boullón (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Luz Méndez (Universidade de Vigo)
  • Carlos Búa
  • Gonzalo Navaza (Universidade de Vigo)
  • Xesús Ferro Ruibal (Real Academia Galega)
Comité científico
  • Enzo Caffarelli (Rivista Italiana di Onomastica)
  • Ana Cano (Universidad de Oviedo/Oviéu, Academia de la Llingua Asturiana)
  • Emili Casanova (Universitat de València)
  • Ivo Castro (Universidade de Lisboa)
  • Dieter Kremer (Universität Trier)
  • Ramón Lorenzo (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Juan José Moralejo (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Antón Santamarina (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Jürgen Untermann (Universität Köln)
Conferencia inaugural: O Padre Sarmiento e a onomástica, a cargo do prof. Dr. Ramón Lorenzo, membro do Instituto da Lingua Galega, da Real Academia Galega e catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
Mesas redondas
As Academias e a toponimia das autonomías históricas. Moderador: Xesús Ferro Ruibal (Real Academia Galega). Participarán representantes da Euskaltzaindia (Real Academia da Lingua Vasca) e do Institut d’ Estudis Catalans.
Situación onomástica da Gallaecia. Moderador: Juan José Moralejo (Universidade de Santiago de Compostela). Participan: Jürgen Untermann (Universität Köln) e Francisco Villar (Universidad de Salamanca).
Tendencias actuais da antroponimia persoal nos territorios hispánicos (galego, catalán, vasco e portugués). Moderadora: Ana Isabel Boullón (ILGa – Universidade de Santiago de Compostela). Participan: Ivo Castro (Universidade de Lisboa), Emili Casanova (Universitat de Valéncia) e Mikel Gorrotxategi (Euskaltzaindia – Real Academia da Lingua Vasca).
Sesión monográfica: O Proxecto "Toponimia de Galicia", con sede do SITGA, dirixida por Fernando García Pazos.

Seccións
  • 1. Descrición de sistemas, tanto de topónimos como de antropónimos. Aquí consideraríanse, por exemplo, os estudios toponímicos ou microtoponímicos dun territorio en concreto, así como o conxunto dos alcumes dunha localidade, ou os apelidos máis frecuentes ou aqueloutros nomes de calquera ámbito (nomes de rúas, nomes de barcos, nomes de animais…). Poderíase abordar nun plano sincrónico actual ou pretérito, ou cunha perspectiva diacrónica (evolución dos nomes nunha determinada parroquia ó longo dos séculos, cambios toponímicos ocorridos nun determinando ámbito, etc.). A terceira subsección, os outros nomes, estaría dedicada ós nomes de entidades non humanas que se individualizan mediante a asignación dun nome propio, tales como edificios, vehículos (nomeadamente barcos) ou animais, domésticos ou non (cans ou vacas).
    a. Toponimia
    b. Antroponimia
    c. Os outros nomes
  • 2. Etimoloxía. Problemas etimolóxicos relativos á toponimia ou á antroponimia. Estudio dos elementos constitutivos (prerromanos, xermánicos, greco-latinos, árabes…) que conforman o corpus onomástico.
  • 3. Sociolingüística. Os nomes propios, dependentes da vontade humana, vense obviamente expostos ás vicisitudes da historia social. En Galicia o máis evidente é a maneira en que o contacto de linguas afecta á situación onomástica (tanto á toponimia como á antroponimia, en diferentes graos), pero tamén son interesantes outras perspectivas: as diferencias de clase social, no nivel educativo, no medio rural/urbano, os factores relixiosos ou a procedencia territorial, por poñer uns exemplos.
  • 4. Onomástica literaria: Análise dos nomes propios utilizados en determinado ámbito (un autor, unha época…), co fin de inventariar e describi-la forma e función dos nomes literarios. Tamén se poden analizar aspectos da traducción dos nomes literarios.
  • 5. O Padre Sarmiento, onomástico. Tendo en conta non só a existencia do seu pioneiro Onomástico etimolóxico, senón a abundancia de materiais onomásticos que circulan ó longo de toda a súa obra, frei Martín Sarmiento (1695-1772) é imprescindible testemuña da onomástica (tanto toponimia como antroponimia) do seu tempo.
Outras actividades
Durante o Congreso celebrarase unha exposición bibliográfica de publicacións onomásticas
Presentación de novidades bibliográficas onomásticas.
Cea de clausura.
Actividade cultural.

Máis Información