Este xoves e venres estanse a celebrar as "III Xornadas sobre as Casas Museo. O Patrimonio Inmaterial" no salón de actos do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela).

O escritor e académico Xosé Luis Méndez Ferrín é o encargado de abrir os dous días de traballo coas súas reflexións desde a Casa de Curros Enríquez.

Ao longo desta primeira sesión, os responsables da Casa-Museo Zenobia e Juan Ramón Jiménez, a Casa-Museo León y Castillo, a Fundación Rafael Alberti e o Museo-Casa Verdaguer explicarán a súa experiencia na xestión do patrimonio inmaterial nos seus respectivos centros. Xa pola tarde, a directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira, abordará a "Xestión cultural e os legados históricos" e pecharase a sesión cunha mesa redonda.

A xornada do venres, día 14, estará dedicada ás rutas literarias. Os roteiros portugueses, as rutas dos escritores do século XX na Rexión Centro de Portugal e outros aspectos deste patrimonio inmaterial serán algúns dos puntos sobre os que traballarán os expertos.

A importancia do patrimonio inmaterial das casas-museo, segundo os organizadores, baséanse en que estes centros conservan no seu interior as pegadas dos personaxes que as habitaron e amósannos no seu exterior a terra que os acolleu.


Leer máis en www.consellodacultura.org