"Nas adegas do barcos que facían as pasaxes entre Vigo e Coruña e a América, o alén da terra, viaxaban as equipaxes, as pequenas ferramentas; e entre este ir e vir pasaban tamén latas cinematográficas."
Comenzaron hoxe en Santiago as Xornadas de "Cine e emigración". Estas xornadas contan co patrocino da Consellería de Emigración e colaboran o Centro Galego das Artes da Imaxe e o Concello de Santiago.
Non todo o cine que deu de si o fenómeno da emigración tivo a mesma raíz e esencia, e nestas xornadas fanse fincapé nestas diferencias. Estaban os intercambios de imaxes sobre o que os galegos facían en cadansúa beira do atlántico, era o cinema de correspondencia, co que se inician as xornadas. Están os documentais e as produccións profesionais que recolleron en base ó fenómeno social e que centran o segundo día das xornadas. E destacan os estereotipos dos galegos ou dos emigrantes en cada un dos países de acollidas. Os famosos “gallegos” ou “gaitos” que se centran as dúas últimas sesións, que abordan a emigración galega no cinema arxentino, a través dos seus estereotipos.
As Xornadas pechan centrándose en Arxentina, que xunto con Cuba e Uruguai, convertéronse nos principais productores cinematográficos do cinema galego na emigración. E cada país deu lugar á creación de propios mitos, ou figuras estereotipadas a raíz dos chistes de galegos, caricaturas, programas na radio e tamén no cinema. En Cuba deuse lugar ós “Gaitos” e na arxentina os “gayegos” convertéronse nas figuras do cinema máis populares. As xornadas céntranse en dous estereotipos, o da Cándida (o máis famoso no que Nini Marshall deu vida a unha pobre, orfa, moi inculta, criada en casa acomodada á que lle pasaban mil e unha situacións inverosímiles). Outro dos tópicos nos que se afondará no ciclo é o do “gayegos” almaceneiros (de productos non perdurables e cos que pretendían facer grandes farturas). Sempre visións ácidas e críticas e moi pouco positivas da presencia dos galegos nos países de acollida.

Leer en Culturagalega.org