Desde o mércores, 13 de novembro e ata finais de ano, o Museo do Pobo Galego, en San Domigos de Bonaval, Santiago, acolle "Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos".
Durante séculos, a seitura do cereal en terras castelás serviuse de brazos e fouces galegas. Eran aqueles homes que, en palabras de Rosalía, "cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros". Unha importante contribución á recuperación da memoria histórica, escrita co suor e o esforzo de moitos fillos de Galicia.