A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, en colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol, está a organizar novos Cursos sobre a Protección do Patrimonio Cultural. O Curso celebrarase na Aula Magna do Campus de Ferrol, os días 24 e 25 de Marzo do 2003, e ten como obxectivo a formación de aquelas persoas implicadas na protección do patrimonio cultural da Igrexa Católica. O Curso comezará ás 9:30 h. do día 24 e rematará ás 21:30 h. do día 25.