Este Encontro pretende ser un acto de coñecemento e dignificación de tódolos emigrantes e exilados galegos en Francia. Unha maneira de non esquecer quen son, de onde veñen e como e por que chegaron ata aquí; de lembrar as circunstancias económicas e políticas que lles coutaron un futuro no seu país e os botaron contra Francia, entre outros destinos; de coñecer mellor as súas actividades e a súas experiencias vitais. A memoria, descoñecida, da diáspora galega merece que lle sexa dedicado este estudo.
Terá lugar os días 25, 26 e 27 de Marzo do 2004.

Máis información => Centro de estudios galegos de Paris