O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá entre o vindeiro 21 e 24 de abril o "Congreso Galicia-Irlanda: Dúas Fisterras Europeas". O presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, e o coordinador da Sección de Cultura Galega no Exterior da institución, Ramón Villares, presentaron o pasado día 12 este encontro internacional, organizado polo CCG, as universidades de Santiago de Compostela e Cork e o Comité de Relacións Culturais do Departamento de Artes, Deporte e Turismo de Irlanda.

As conferencias inaugurais correrán a cargo dos organizadores do encontro: Patrick O´Flanagan, do Departamento de Xeografía da Universidade de Cork, falará sobre "Irlanda, Galicia, Ibérica Atlántica e Europa Atlántica" e Lourenzo Fernández Prieto, do Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago, exporá "Irlanda-Galicia: dúas traxectorias históricas parellas".

entre os ponentes figuran William Nolam, Alan Titley, Beiras, Barreiro Rivas, Carmona Badía ou L. M. Cullen.

Os interesados en asistir ao Congreso poden inscribirse até o 19 de abril no Consello da Cultura Galega ou na dirección http://www.consellodacultura.org/xornadas/galicia_irlanda/index.htm, onde tamén se pode consultar o programa.