Orgaizadas pola Comisión Cultural "Martín Sarmiento" estanse a celebrar unhas xornadas culturais centradas no estudo da toponímia, a lingua e a natureza do Bierzo.

Esta Comisión naceu no inverno do 2001 co gallo da homaxe a Sarmiento polas Letras Galegas do 2002 e co fin de solicitar a reconstrucción da casa natal de Martín Sarmiento en Villafranca. Según indica o portavoz da Comisión, Héctor Silveiro, foi bautizado como Pedro J. García Balboa, naceu en Villafranca un 9 de marzal de 1695. Foi o maior referente da Ilustración en España, promotor dos estudos filolóxicos e pai das letras galegas, un eminente estudoso dos valores naturais e culturais do Noroeste peninsular, en especial, de Galicia e O Bierzo. "Los villafranquinos debemos saber difundir su figura, su pensamiento y su obra de la manera que más le gustaría al propio Sarmiento, dándole vida y vigor a su modus operandi, a su manera de estudiar y trabajar sobre el patrimonio que nos rodea", dice Silveiro. 12 de Marzo . CASA DA CULTURA
18,00 h. PONENCIAS E COMUNICACIOIS:

" O MEGO DA ESCOLA"
por HECTOR M. SILVEIRO
coordinador dun proxecto didáctico da Comisión " Martín Sarmiento".

PARA UNHA CARTOGRAFÍA MITOLÓXICA DO BIERZO
por ANA FILGUEIRAS REI,
arqueóloga e antropóloga.

CSI SARMIENTO. SOS LINCE IBÉRICO
por LOLA FDEZ ÁLVAREZ,
investigadora e etnobotánica.

PROXECCIÓN:
BIERZO NATURAL
por PEPO NIETO SANTÍN
estudioso da fauna berciana.

20.00 h. CONFERENCIA:
A RECUPERACIÓN TOPONÍMICA
E A TOPONIMIA BERCIANA
por GONZALO NAVAZA,
profesor da Universidade de Vigo, escritor e membro da Comisión Toponímica da
Xunta de Galicia.

PROGRAMA DAS XORNADAS
Mes de abril

30 de Abril TEATRO VILAFRANQUINO

18.00 h: Presentación das conclusiois dos traballos didácticos sobre Sarmiento de
" O MEGO DA ESCOLA".
20.00 h CLAUSURA: Actuación teatral
"A CAÍDA DO CONSELLEIRO"
de Anxo Lourido a cargo da AULA DE TEATRO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA

NOTA: A representación desta obra é unha colaboración específica coa que a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra quixo estar presente nestas Xornadas coa intención de promover tanto o uso da lingua materna de Sarmiento, como un intercambio cultural entre a vila que veu nacer e a vila que veu medrar ao ilustrado galego e berciano.

BIERZO NATURAL é un traballo fotográfico e de estudo da natureza berciana que conta coa colaboración de Nicanor Nieto Fdez , Nicanor Nieto López, Pedro Valiñas e Alejo Sandes.

TOPONIMIA, NATUREZA E LINGUA
9 e 12 de marzo- 30 de abril 2005
Sabes en que lugar vives?

Sabes con que animais convives?
"AUDETE SAPERE" Atrévete a saber!

Organiza: COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN SARMIENTO"
Patrocina: Concellería de Cultura do concello de VILAFRANCA DO BIERZO

Leer mais en Vieiros
Leer mais en Bierzoportal.com