John e Melisa Finlay presentarán o programa PhpGedView na 2005 Computerized Genealogy Conference o 24-25 de Marzal. John falará do software de Xenealoxía de Fonte Aberta (Open Source) e do porqué a xenealoxía precisa da fonte aberta.

Tamén o 24 de Marzal dará unha conferencia no “5th Annual Workshop on Technology for Family History and Genealogical Research” organizada pola Brigham Young University. Centrarase en como os programadores poden involucrarse en Proxectos de Fonte Aberta (Open Surce), e asómesmo fará unha demostración do PhpGedView, e do protocolo dos Servizos Web Gedcom utilizado para conectar o Cliente GDBI con PhpGedView.
O esforzo de John para levar adiante este proxecto foi enorme deica agora, e a día de hoxe a comunidade de apoio xa medrou moito.
Penso que o software de Fonte Aberta é o único que recolle e conecta verdadeiramente co espírito que predomina na investigación xenealóxica: intercambiar, compartir e axudarse mutuamente.
Pola contra sempre me sorprendeu que a maioría dos software xenealóxicos son de código pechado (mesmo o P.A.F.), e algúns deles con plantexamentos exclusivamente comerciais, que contemplo coma lexítimos pero non os vexo tan comprometidos, por dicilo dalgún xeito.

Enlaces:
Proxecto PhpGedView
2005 Computerized Genealogy Conference
5th Annual Workshop on Technology for Family History and Genealogical Research