O especialista en Linguas Modernas Dino Pacio Lindín impartiu unha conferencia no Museo Villapol de Bretoña sobre as orixes toponímicas da bisbarra.
Deste xeito explicou que Bretoña é un topónimo celta, mentres que Fontao, Castrillón, Castiñeira, A Soledá serían romanos. Os suevos deixarían outros coma Luxilde, Aldurfe, Gontán ou Gueimonde. Covas do Rei Cintolo, Buzarrei relacionounos co rei Suintila.

Fonte: X. Lombardero. Dino Pacio explicou a historia dos topónimos de Bretoña. La Voz de Galicia, Edición de Lugo, 11 de Xullo do 2005 . ( http://www.lavozdegalicia.es/ed_lugo/noticia.jsp?TEXTO=3888837)