“Ponte... nas Ondas” quere máis adeptos. Logo de conseguir o apoio do Congreso dos Deputados e do Parlamento de Galicia, a candidatura da tradición oral galego-portugués á declaración de patrimonio inmaterial pola Unesco comeza a campaña máis internacional.
O calendario, dado a coñecer onte polo director xeral de Promoción Cultural, Luís Bará e o coordinador da iniciativa, levará actividades por Barcelona (27 e 28) e no mes de outubro a Bruxelas (11), Madrid (14), Santiago (21 e 22), A Coruña, Lisboa, Vigo e Porto para rematar en París o 15 de novembro. Dez días despois terá lugar a proclamación por parte da Unesco.

Contido procedente de culturagalega.org
O tramo internacional. Culturagalega.org, 27 de setembro de 2005. http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=6809