Lido en Cultura Galega.org:

Dous fotógrafos cataláns percorreron Galicia entre 1919 e 1922 coa misión de recolle imaxes do país. O arquivo Arxiu Mas de Cataluña era quen financiaba a súa misión. Desde onte, sesenta das súas fotografías poden verse en Pontevedra na mostra que abre hoxe o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) na sala Teucro.