Según lemos no Diario de Ferrol o concello de Pontedeume vén de convocar o IX premio de investigación sobre aspectos etnográficos da vila e da súa comarca.

O premio será de 1.100 euros e inclúe tamén a publicación do artigo na revista Cátedra.

Os traballos terán que estar escritos en lingua galega e ser inéditos.

Deberán ter unha extensión mínima de 50 folios e máxima de 100 (con gráficos, ilustracións e fotografías incluídas), mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.

Outro requisito é a área xeográfica, que se cingue á comarca eumesa.

O prazo para que tanto persoas como colectivos entreguen os estudos remata o 26 de xuño e o fallo do xurado coñecerase o 28 de setembro, a véspera dunha das dúas romarías a San Miguel de Breamo que cada ano se celebran na vila.

Ademais, se a calidade dalgún outro traballo que se presente ó concurso é suficiente, incluirase nesta publicación de carácter anual.

Fonte: Pontedeume premia ó mellor traballo de investigación sobre a súa comarca. Diario de ferrol, 4-04-2006.