Por xentileza de Carlos Solla Varela e Ediciones Cardeñoso

Solla Varela, Carlos (2002): Cerdedo. Materiais para o estudio da freguesía de san Xoán de Cerdedo. Inventario xeral, Ediciones Cardeñoso, 2002.

Capítulo III (extractos)

III

ANTROPONIMIA

III.I. ANTECEDENTES antroponímicos.79

Fonte documental: Personal de legos de Sn Juan de Zerdedo, inserido no Catastro de la Ensenada e asinado o 24 de novembro de 1752.

[...]

Nomes de pía cerdedenses do século XVIII.80
Nomes de home.81
  1. Simples: Agostín82(bo agoiro, venerable), Albertos83(nobre), Alexandro84(defensor, protexido), Alonso (nobre, valente), Álvaro85(defensor, prudente), Andrés86(viril, varón), Antonio87(fronte ó inimigo), Baltasar (Baal protexa ó rei), Bastián88(venerable), Bernabé89(profeta), Bernardo90(guerreiro aleuto e varudo), Bartolomeu91(enrugado, fillo de Ptolomeo), Benito92(bendito), Bras93(tatexo), Caetano94(de Caieta, ledo), Celestino (do ceo), Clemente95(clemente), Crisóstomo (boca de ouro), Cristovo (o que leva a Cristo), Diegho (relativo á doutrina, fillo segundo), Domingos (do Señor), Estevo96(coroado), Fausto (próspero, feliz), Fernando97(valente na paz), Filipe (amigo dos cabalos), Francisco98(relativo ós francos, francés, home libre), Ghabriel (forza de Deus), Ghonzalo99(auxiliador, loitador), Ghreghorio (habelencioso, vixiante), Hermenxildo100(valoroso, prudente), Ignacio (lume), Inocencio (puro, sen culpa), Isidro101(don de Isis), Lourenzo (de Laurentum, loureiro), Lucas (da Lucania, luminoso), Luís102(glorioso), Manuel103(Deus connosco), Marcelo (adicado a Marte), Marcos104(adicado a Marte), Matías105(Deus proveerá), Mighel106(¿quen coma Deus?), Nicolás107(vencedor), Pascual (da Pascua), Patricio (nobre berce), Pedro108(pedra), Ramón (bo conselleiro, famoso), Rosendo (camiño da fama), Salvador109(redentor), Sebastián110(venerable), Silvestre (fragoso), Tomás111(xemelgo), Ventura (felicidade), Victorio112(vencedor), Xacinto (flor), Xacob (Deus protexeu), Xeromo113(nome sacro), Xoán114(Deus é misericordioso), Xoaquín115(Deus constrúa), Xosé (agasallo de Deus), Xulián116(adicado a Xúpiter) e Xulio?117(adicado a Xúpiter).
  2. Compostos: Domingos Antonio118, Francisco Antonio, Francisco Benito, Francisco Ignacio, Francisco Xavier119(casa nova), Manuel Albertos, Manuel Antonio Francisco, Manuel Benito, Manuel Francisco, Pedro Antonio, Pedro Benito, Xoán Antonio, Xoán Estevo, Xosé Antonio e Xosé Benito.
Nomes de muller.120
  1. Simples: Ádega121(boa), Ana122(compaixón), Antonia123(fronte ó inimigo), Ánxela124(mensaxeira), Bárbara (estranxeira), Beatriz (benaventurada, felicidade), Benita125(bendita), Caetana126(de Caieta, leda), Catalina127(pura), Clara (ilustre, famosa), Dominga128(do Señor), Feliciana129(leda, fértil), Francisca130(relativo ós francos, francesa, muller libre), Ghreghoria (habelenciosa, vixiante), Helena (grega, bela), Cecilia131(cega), Ignacia (lume), Inés132(pura), Isabel133(perfección), Leonor134(luz, medrar), Madalena135(de Magdala), Manuela136(Deus connosco), Marcela (adicada a Marte), Margharida (perla), María 137(amada, señora), Mariana (amada polo deus Amón), Mariña138(mareira), Marta (señora, patroa), Micaela (¿quen coma Deus?), Pascua (Pascua), Rosa139(flor), Silvestra (fragosa), Susana (azucena), Teresa140(cazadora), Vicenta (victoriosa), Victoria141(vencedora), Xacinta (flor), Xerónima (nome santo), Xertrude (amiga da lanza, filla de Thor), Xoana (Deus é misericordioso), Xosefa142(agasallo de Deus) e Xuliana143(adicada a Xúpiter).
  2. Compostos: Ana María, Manuela Lourenza (de Laurentum, loureiro), María Antonia, María Lourenza e María Rosa.
Apelidos da freguesía de Cerdedo no século XVIII.144

Adán, Álvarez, (de) Arén, Ares, (de) Arzúa, (de) Barros, Beiro, Boullosa, Bouzán, (de) Bouzas, Cachafeiro, (de) Cadavide145, Calviño, (de) Camiña146, (de)/(do) Campo, (de) Campos, Candedo, Canizo, Caramés, Carballais, (de) Carballás147, (de) Castro, Cerviño, Cortizo, Corval, Cota, Couceiro, Covelo, Davila, Diz, Doporto148, Doval, Durán, (de) Figheiroa, Fortes, (da) Fragha, (de) Fraghuas, Fraiz, Ghamallo, Gharcía, Gharrido, Gholías149, Ghómez, Ghondariz, Ghonzález, Ghosende150, Labarcón, (de) Limeres, (de) Lois, Lombas, López, Lourenzo, Martínez, Martiz, (de) Monteaghudo, Moreira, Mosqueira, Mouteira, (de) Muradás, Neto151, (de) Oghando, (de) Outeiro, Ovelleiro, Parada, Paz, Peleteiro, Pérez, (do) Porto, Raposeiras, Rascado, Reighosa, (de) Ribas, Ribeira, Roubín, Sánchez, Seara, (da) Serra, Sieiro152, Sueiro, Troitiño, (de) Umia, Valboa, Varela e Vidal153.

  • 79 Abrevs.: n.: nai, p.: pai, f.: fillo/-a, cón.: cónxuxe, irm.: irmán/-á, tío/-a, sob.: sobriño/-a, net.: neto/-a, xen.: xenro, nor.: nora, sog.: sogro/-a, cuñ.: cuñado/-a, cri.: criado/-a, amo/-a, ¿?: y en su compañía. O baleirado de formas é froito da transcrición fiel do manuscrito. As abreviaturas son nosas.
  • 80 Fontes: Lista de los oficios, artes, tráficos e industrias e Personal de legos, ámbolos dous documentos inseridos no Catastro de la Ensenada. As relacións que a seguir presentamos recollen xa formas galeguizadas. 125 formas rexistradas.
  • 81 61 nomes simples rexistrados. 15 nomes compostos rexistrados. Total: 76. Formas totais: 77.
  • 82 Vars.: Agostiño, Agosto.
  • 83 Var.: Alberte.
  • 84 Vars.: Alexandre, Aleixandro, Lisandro.
  • 85 Var.: Álvar.
  • 86 Vars.: Andel, André, Andreu...
  • 87 Antonio, nome de home: o 6º respecto á frecuencia de aparición. Vars.: Antón, Antoño. Ermida de Santo Antonio, Ponte de Santo Antonio: conxunto monumental cerdedense localizado á beira do río do Castro.
  • 88 Variante de Sebastián.
  • 89 Vars.: Bernabel, Bernabeu. San Bernabé, patrón do lugar homónimo.
  • 90 Vars.: Bernal, Bernaldo.
  • 91 Vars.: Bertolameu, Bertomeu. San Bartolomeu, patrón do lugar de Chamadoira.
  • 92 Vars.: Bento, Bieito.
  • 93 Var.: Brais.
  • 94 Vars.: Caetán, Caitán, Quitián...
  • 95 Vars.: Clemenzo, Cremenzo, Crimenso...
  • 96 Var.: Esteve. Santo Estevo, patrón da freguesía de Pedre.
  • 97 Var.: Fernán.
  • 98 Francisco, nome de home: o 2º respecto á frecuencia de aparición. Var.: Franco.
  • 99 Vars.: Gonzal, Gonzalvo.
  • 100 Var.: Hermexildo.
  • 101 Vars.: Cidre, Sidre, Sidro.
  • 102 Var.: Lois.
  • 103 Manuel, nome de home: o 1º respecto á frecuencia de aparición. Var.: Manoel. Manoel é o nome de meu pai.
  • 104 Var.: Marco.
  • 105 Var.: Macías.
  • 106 San Mighel, patrón do lugar de Arén.
  • 107 Vars.: Nicolao, Nicolau.
  • 108 Pedro, nome de home: o 4º respecto á frecuencia de aparición. Var.: Pero. San Pedro, patrón da freguesía de Parada. O San Pedro é, así mesmo, festividade tradicional no lugar de Cerdedo: Desde hace algunos años se ha recuperado la Fiesta de San Pedro que tiene lugar el 29 de junio en la parroquia de Cerdedo. La fiesta comienza con una misa solemne en el barrio de San Pedro, tras el acto litúrgico los vecinos se trasladan a la “carballeira” del mismo nombre donde se celebra una comida campestre; in Pontevedra “a vista de pájaro”: Cerdedo, suplemento de Diario de Pontevedra, 20-7-2001.
  • 109 San Salvador, patrón do lugar de Cavenca.
  • 110 Vars.: Bastián, Sebaschán.
  • 111 Var.: Tomé. Santo Tomé, patrón da freguesía de Quireza.
  • 112 Var.: Vitoiro.
  • 113 Var.: Xerome.
  • 114 Xoán, nome de home: o 3º respecto á frecuencia de aparición. Var.: Xan. San Xoán Bautista, patrón da freguesía de Cerdedo: La noche del 23 al 24 de junio se celebra la fiesta en honor a San Xoán patrón de Cerdedo; in Pontevedra “a vista de pájaro”...
  • 115 Var.: Xaquín.
  • 116 Vars.: Xián, Xiao, Xullán...
  • 117 Interpretado da abrev. Juº
  • 118 Domingos Antonio, nome de home: o 5º respecto á frecuencia de aparición. Domingos Antón: o 1º respecto á frecuencia de aparición dos nomes compostos.
  • 119 Var.: Xabier.
  • 120 42 nomes simples rexistrados. 5 nomes compostos rexistrados. Total: 47. Formas totais: 48. O menor número de nomes de muller rexistrado explícase por seren poucas as que, naquela época, desenvolvían unha profesión fóra das angueiras agrícolas e domésticas.
  • 121 Var.: Águeda.
  • 122 Ana, nome de muller: o 5º -xunta Rosa- respecto á frecuencia de aparición.
  • 123 Var.: Antona.
  • 124 Vars.: Anxa, Anxela.
  • 125 Vars.: Benta, Bieita.
  • 126 Vars.: Caitana, Queitana.
  • 127 Vars.: Cataliña, Catarina, Cateliña. Santa Catarina, patroa do lugar de Lourido.
  • 128 Dominga, nome de muller: o 3º respecto á frecuencia de aparición.
  • 129 Var.: Felicia.
  • 130 Francisca, nome de muller: o 6º respecto á frecuencia de aparición.
  • 131 Var.: Icía.
  • 132 Vars.: Einés, Inesa.
  • 133 Var.: Sabela.
  • 134 Vars.: Eleonor, Leonora, Lionor...
  • 135 Madalena, nome de muller: o 4º respecto á frecuencia de aparición. Var.: Madanela.
  • 136 Manuela, nome de muller: o 2º respecto á frecuencia de aparición. Var.: Manoela
  • 137 María, nome de muller: o 1º respecto á frecuencia de aparición. Var.: Maruxa. Santa María, patroa da freguesía de Folghoso. María é o nome de miña nai.
  • 138 Santa Mariña, patroa da freguesía de Tomonde. A Santa Mariña, ermida sita no cume do Monte do Seixo.
  • 139 Rosa, nome de muller: o 5º -xunta Ana- respecto á frecuencia de aparición.
  • 140 Vars.: Tareixa, Tereixa.
  • 141 Var.: Vitoria.
  • 142 Var.: Xosefina.
  • 143 Var.: Xiana.
  • 144 Fontes: Lista de los oficios, artes, tráficos e industrias e Personal de legos (só “cabezas de casa”), ámbolos dous documentos inseridos no Catastro de la Ensenada. A relación que a seguir presentamos recolle xa formas galeguizadas. 84 formas rexistradas.
  • 145 Cadavide, apelido: o 2º respecto á frecuencia de aparición.
  • 146 Camiña, apelido: o 6º -xunta Ghosende e Neto- respecto á frecuencia de aparición.
  • 147 Carballás, apelido: o 3º respecto á frecuencia de aparición.
  • 148 Doporto, apelido: o 5º respecto á frecuencia de aparición.
  • 149 Escóitase Ghulías.
  • 150 Ghosende, apelido: o 6º -xunta Camiña e Neto- respecto á frecuencia de aparición.
  • 151 Neto, apelido: o 6º -xunta Camiña e Ghosende- respecto á frecuencia de aparición.
  • 152 Sieiro, apelido: o 1º respecto á frecuencia de aparición.
  • 153 Vidal, apelido: o 4º respecto á frecuencia de aparición.