O derradeiro boletín xenealóxico Birgin infórmanos da publicación dun novo sitio web http://www.arquivosdegalicia.org que vai agrupar nun só sitio tódolos arquivos de Galicia para o seu acceso “on line”. Hasta o momento ten enlaces as páxinas web oficiais dos seguintes arquivos:
- Arquivo Xeral da Xunta.
- Arquivo do Reino de Galicia.
- Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
- Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
- Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

Contempla tamén enlaces cara o sistema Opac (consulta en liña) pero neste caso so está dispoñible o do Arquivo do Reino de Galicia, que xa estaba activo.
En fin un novo sitio que promete pero que non pasa de ser unha nova dirección cos enlaces anteriores reunidos, pero que non nos ofrece nada novo.

=> Arquivos Galicia
=> Boletín Genealógico Birgin