As actas do axuntamento de Lugo do século XVI serán dixitalizadas por un equipo de investigación da Universiade de Santiago de Compostela, dirixido Gonzalo Francisco Fernández, profesor de Paleografía do departamento de Historia.
Levarase a cabo por mor dun acordo entre as dúas institucións implicadas, sen supoñer ningún custo para o axuntamento que só aportará persoal cualificado, correndo os materiais necesarios por conta da Universidade.
Unha vez finalizado o proceso a Universidade entregará unha copia dos documentos dixitalizados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

Fonte: Acuerdo con la USC para digitalizar actas del Ayuntamiento del siglo XVI. La Voz de Galicia, Edición de Lugo, 09/07/2005. (http://www.lavozdegalicia.es/ed_lugo/noticia.jsp?TEXTO=3883788)