Historias de Galicia
- Detalles
- Escrito por: Xavier Celso Milleiro
- Categoría: Novas
- Visitas: 5693
Este domingo 25 de febreiro, ás 21.45, A TVG estrea unha nova serie documental. Ao longo de trece capítulos de media hora, poderemos percorrer o noso pasado a través do presentador Xosé Barato, que nos leva por toda Galiza e norte de Portugal e varias dramatizacións, para viaxar até o mundo castrexo ou ás loitas contra o francés. Historias de Galicia foi presentada no Club Internacional de Prensa o xoves 22 á tardiña.
FONTE: http://maisala.vieiros.com/nova.php?Ed=53&id=56553
