Agustín Sanjurjo Montenegro, tenente coronel, señor das casas de Macenda (Crende, Betanzos), Cutián, Serantes, Andeiro e Carrabete. Casou con María Ascensión Pardiñas de Villardefrancos. Filla de José Rafael Pardiñas Villardefrancos señor da casa de Cereo Vello (Ceroi, Coristanco, A Coruña), e da casa de Corbelle (Santa María dos Anxos, Melide, A Coruña), oficial militar, e Ana María Taboada, filla do coronel
Bernardo Taboada Núñez. O seu irmán era o xeneral Ramón Pardiñas y
Villardefrancos, nado en Santiago de Compostela en 1802, que morreu o
1 de outubro de 1838 no desastre de Maella loitando cos carlistas. O
morrer sen sucesión os títulos os herdou a súa irmá.
II XERACIÓN
Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos. Nado en Crendes (Betanzos)
o 22 de setembro de 1834. En 1890 a monarquía lle concedeu o título de
Marqués de Casa Pardiñas.
Casou con Sofía Neira López. Filla de Ramón Neira de la Torre, señor
dos pazos de Vista Alegre do Ulla, Brandeso, O Pino, Saa, Ribadeza e
Remesil, e de María Florez y de Andrés García, natural de Santiago de
Compostela, da alta burguesía.
III XERACIÓN
Ramón Sanjurjo Neira y Pardiñas. Nado en 1866 en Santiago de Compostela. Segundo marqués de Casa Pardiñas. Propietario dos pazos, terras e rendas anexas de Carrabete (Serantes, Laxe, A Coruña), de Cereo Vello, de Corbelle e do pazo de Macenda (San Pedro de Crendes, Abegondo, A Coruña) Morreu sen sucesión
Bibliografía: VV AA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores (1810 - 2003) Real Academia Galega Parlamento de Galicia
2003
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!