O título foi outorgado en 1735 por Carlos III rei de Nápoles o mariscal de Campo Bernabé Romero de Leis

I XERACIÓN

  • ¿?. Casou con ¿?. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. Antonio Micael Montenegro
  2. Jorge Telmo Montenegro. Casou con María Carantoña Obando. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Antonio Montenegro Carantoña. Nado na cidade de Pontevedra o 15 de agosto de 1786. Recibiu os nomes de Antonio María de los Desamparados Eusebio Francisco de Paula Javier Benito de Peregrina. Senador por Pontevedra. Deputado a Cortes. Señor de Trabanca. Casou con María Josefa Gago de Tabares Pimentel. Aportou a casa de Barro (Santa Mariña de Barro, A Baña, A Coruña) a que estaba vinculado o Marquesado de Leis

IV XERACIÓN

  • José María Marcos Montenegro Gago. Nado na cidade de Pontevedra o 14 de novembro de 1796. Falecido en 1846. I marqués de Leis. Senador. Conseguiu en 1844 o recoñecemento do título napolitano do marquesado como título de Castela Casou con Manuela de Puga de Puga. Filla de Pedro Ventura de Puga, señor de Fontefiz (concello de A Peroxa - Ourense), e María Antonia Fernández. Tiveron por filla a:

V XERACIÓN

  • Antonio Juán Manuel María del Pilar Domingo de Silos Montenegro de Puga. Nado na cidade de Ourense o 18 de decembro de 1822. Solteiro. Marqués de Leis. Senador.

A súa morte herda o título a súa segunda curmá María de la O Castro e Garcés de Marcilla. Natural de Madrid. Filla de Javier Castro Parga, natural da Coruña, e Rosa Garcés de Marcilla e Ravanals, natural de Valencia. Casou na cidade de Ourense, no nº 8 da rúa Bárrera, o 30 de agosto de 1903 con: Isauro Celestino María Pardo Pardo. Nado na parroquia de Anafreita concello de Friol (Lugo) o 4 de xullo de 1873. Notario. Senador. (para a súa xenealoxía ver Pardo Pardo Isauro. Senador)

FONTE

  • VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 - 2003
  • www.senado.es