I XERACIÓN

  • Alonso Fariña. Natural da cidade de Santiago de Compostela. Coengo da catedral de Santiago de Compostela.
    Tivo un fillo con María Fernández Ramos . Natural da parroquia de Labacengos concello de Moeche (A Coruña). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Diego Fariña. Natural da cidade de Santiago de Compostela. Rexedor da cidade de Santiago de Compostela.
    Casou con Ines Yáñez de Luaces. Natural da cidade de Santiago de Compostela. Filla natural de Pedro Yáñez e Isabel de Luaces. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Pedro Fariña de Luaces. Natural da cidade de Santiago de Compostela. Secretario da Real Audiencia de Galicia.
    Casou con María Conde Feijoo (para a súa xenealoxía ver Conde Allariz ). Tiveron por fillos a:

IV XERACIÓN

  • Diego Fariña de Luaces. Natural da parroquia de Mens concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña). Colexial de Fonseca (1626).
  • Andres Fariña de Luaces. Natural da cidade da Coruña.
    Casou con Mariana de la Concha. Natural da cidade da Coruña. Filla de Blas de la Concha e Ines ¿, naturais da cidade da Coruña. Tiveron por fillo a:

V XERACIÓN

  • Juan Fariña de la Concha. Natural da cidade da Coruña.
    Casou con Antonia María de Romay (para a súa xenealoxía ver Romay Vigo). Tiveron por fillo a:

VI XERACIÓN

  • Ignacio Fariña Romay. Natural da parroquia de Santiago da cidade da Coruña. Colexial de Fonseca (1695).

Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela