I XERACIÓN

  • Juan Conde. Casou con Isabel Álvarez. Naturais de Allariz “o de por allí cerca”.

II XERACIÓN

  • Pedro Conde. Natural da vila de Allariz (Ourense). Procurador da Real Audiencia de Galicia.
    Casou con Catalina Feijoo. Natural da cidade de Santiago de Compostela. Filla do Racioneiro da Catedral de Santiago de Compostela Feijoo, natural da parroquia de Podentes concello de A Bola (Ourense), e María Fernández, natural da parroquia de Frades concello de Frades (A Coruña).

III XERACIÓN

  • María Conde Feijoo. Natural da cidade da Coruña.
    Casou con Pedro Fariña de Luaces (para a súa xenealoxía ver Fariña Santiago de Compostela).

IV XERACIÓN

  • Diego Fariña de Luaces. Natural da parroquia de Mens concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña). Colexial de Fonseca (1626).

Fonte

  • Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela