Armas: Escudo cuartelado: Primeiro e terceiro en campo de prata, seis roeles de azur, postos en dous paus, segundo e cuarto: en campo de ouro, cinco follas de figueira, de sinople, postas en sotuer

I XERACIÓN

  • Don Jacinto de Castro. Casou con Doña Isabel de Salazar. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  • Unha filla, que casou con Pedro del Río, Marqués de Campoflorido.
  • Don Pedro de Castro Figueroa. Oridundo de Galicia. Procedente da Casa Solar de San Xián de Cela concello de Cambre. Mariscal de campo. Cabaleiro da Orde de Santiago e de San Genaro.
    O título de Duque da Conquista foi creado para el polo Rei Don Carlos das Dúas Sicilias, Infante de España e futuro Rei de España co nome de Carlos III, por Real Mercede de catro de outubro de 1735, xuntamente co marquesado de Gracia Real, en premio os grandes servicios prestados a Sua Maxestade Napolitana o contribuir a sublevación popular de "Lazzatoni" que lle proporcionou a Coroa a Don Carlos sen tener que chegar a atacar o exército austriaco que guarnecía o territorio, o que daría lugar o nacimiento do Reino Napolitano das dúas Sicilias, recoñecido polo Tratado de Viena de 1735.
    No ano 1740 foi designado para o cargo de Virrei de Nova España en substitución do Arcebispo Don Juan de Vizarrón que terminaba o seu periodo de gobierno. Foi o trigesimonoveno Virrei.
    Casou con Bernarda de Azcárraga. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Don Pedro de Castro y Azcárraga . Cabaleiro da orde de Calatrava.
  • Don Bernardo de Castro y Azcárraga. II Duque da Conquista e II Marqués de Gracia Real. Mordomo do Rei Don Felipe V. Cabaleiro da orde de Calatrava.
    Casou con Doña María de la Soledad Loynaz e Bustamante.

III XERACIÓN

  • Don Pedro de Castro e Loynaz. III Duque da Conquista e III Marqués de Gracia Real e Cabalero de Calatrava. Faleceu sen sucesión pasando os seus títulos e bens a casa de Villaroel.

Por Real Decreto do 22 de xuño de 1847 a raiña Dona Isabel II convertiu o título de Duque da Victoria en título español e llo concedeu a Don José María de Villarroel e Ibarrola IV Duque da Conquista e IV Marqués de Gracia Real no Reino das Dúas Sicilias. Ademais pusía os títulos de Castilla de XII Marqués de los Palacios e IV Vizconde de la Frontera. Senador.

A derradeira Duquesa da Conquista foi Dª. María Natividad de Quindós e Villarroel, Marquesa de San Sadurniño, Marquesa de Palacios, Marquesa de Gracia real, Vizcondesa de la Frontera e dona del Pazo de San Sadurniño. Finou no ano 1953.
Estivo casada con D. Francisco de Asis Arias Dávila Matheu. Fillo dos Condes de Puñoenrostro. Conde de Cumbres Altas.
Non tiveron sen sucesión.

Fonte: Libro de Oro de los Duques de Vicenta María Márquez de la Plata y Luis Valero de Bernabé.