Pedro Antonio Pimentel e Soutomaior. Casou con María Ignacia de León e Pimentel.
II XERACIÓN
Antonio Casimiro Pimentel e Soutomaior. Natural da parroquia de Vilantime concello de Arzua (A Coruña).
Casou con Juana Luisa de la Rua Aldao e Mondragón. Bautizada na igrexa de San Bartolomé da cidade de Pontevedra. Filla de José Antonio de la Rúa Mosquera e Pimentel, natural da parroquia de Bueu concello de Bueu, e Josefa de Aldao e Taboada, natural da súa casa do Placer sita no barrio de Torrón parroquia de Cela concello de Bueu e que ainda existe hoxe en día. Donos do pazo de Santa Cruz sito na parroquia de Bueu que ainda existe hoxe en día e que procedía da familia dela. Durante un tempo residiron nunha casa que posuiron na cidade de Pontevedra. Posteriormente residiron na cidade de Santiago de Compostela.
III XERACIÓN
Manuel Pimentel e Rúa. Natural da cidade de Santiago de Compostela parroquia de San Fiz de Solovio. Colexial de Fonseca 1677.
Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!