O apelido García de Paadín, pode atoparse tamén, coa súa variante Paadín, Padín e Pacín. Atopamos este apelido en multitude de documentos do Cuartel Xeral da Armada, Museo Naval (Limpezas de Sangue) ; Arquivo Xeral Militar de Segovia, (Expedientes Persoais); Arquivo Xeral da Mariña Álvaro de Bazán; Padróns da Nobreza, etc.. Esta familia se estendeu principalmente por Andalucía.
I XERACIÓN
- D. Francisco García de Paadín. Veciño da parroquia de Goiáns concello de Porto do Son (A Coruña). Foi xefe da Defensa da Costa. Tivo por fillo a:
II XERACIÓN
- D Juan García de Paadín. Natural da parroquia de Goiáns. Segundo xefe da Costa. Foi avó de:
IV XERACIÓN
- D Jacobo García de Paadín. Natural de Noia. Casou con Dª Ana María de Lamas. Natural de Málaga (parente do famoso D Joaquín de Sotomayor e Lamas, de Noia. Tiveron por fillo a:
V XERACIÓN
- D Nicolás García de Paadin e Lamas. Natural de Sevilla. Oficial da Real Contadoría de Mariña da Illa de León. Tivo por fillo a:
VI XERACIÓN
- Francisco de Paula García de Paadín Vizcarrondo. Natural de Estepona (Málaga). Tenente de Fragata e Intendente de Mariña. Tivo por fillo a:
VII XERACIÓN
- Manuel García de Paadín Villavicencio. Nado no ano 1800 en Oviedo. Brigadier da Real Armada, Gran Cruz de San Hermenexildo...
Fontes
- http://todoababor.webcindario.com/datos_docum/vill_paadin2.htm