I XERACIÓN

  • D Pedro de Covas. Casou con Dª Ana Rodríguez. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • D Pedro de Covas. Bautizado o 10 de xuño de 1624 na parroquia de San Cristobo das Viñas concello de A Coruña. Testou o 20 de decembro de 1660 ante Antonio López de Andrade. Mandou poñer na súa tumba o seu escudo e dos seus antergos “con sus cuatro fache”.
    Casou con Dª Catalina Fontenla. Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. D Antonio de Covas.
  2. D Jose de Covas.
  3. Dª Andrea de Covas.
  4. D Cristobal de Covas. Bautizado na parroquia de San Cristobo das Viñas o 10 de xullo de 1652.
    Casou con Dª Ines Pardo. Bautizada na parroquia de San Cristobo das Viñas o 10 de abril de 1662.
    Filla de D Simón Pardo e Dª Ines de Regueira, naturais da parroquia de Briallos. Irmá de Antonio Pardo, bautizado na parroquia de San Cristobo das Viñas o 25 de setembro de 1642. Cabaleiro da Orde de Santiago. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  1. Dª María Antonia Anastasia de Covas. Bautizada na parroquia de San Cristobo das Viñas o 31 de decembro de 1702.
    Casou o 10 de setembro de 1724 na parroquia de San Cristovo das Viñas con:
    D Fernando de la Barrera Mariño (para a súa xenealoxía ver a linaxe Barrera (Páramo / Teo / Calda de Reis). Tiveron por fillo a:

V XERACIÓN

  1. D Gregorio Mariño de la Barrera.
  2. Doutor D Juan Mariño de la Barrera y Cobas Mariño y Pardo. Nado na vila de Ares (A Coruña) o 5 de novembro de 1737. Colexial maior de Fonseca. Do Consello da Súa Maxestade, Alcalde da súa real casa e corte. O 2 de abril de 1784 o rei lle deu unha cruz de cabaleiro pensionada da orde de Carlos III.

Pertencía a esta familia:
Dª María de Covas Pardo Regueira da que saiu D Antonio Pardo Marques de San Xoán de Carballo Dono da casa e xurisdición de San Xoán de Carballo dono dos vínculos e maiorazgos a el correspondentes.
D Jacinto Freire de Andrade e Covas. Comisario do Santo Oficio da Inquisición. Dono da casa solarenga da Grela, a súa capelanía

FONTE

  • Espediente da orde Carlos III de Juan Mariño de la Barrera y Cobas Mariño y Pardo