I XERACIÓN

  • D Andrés Vázquez Coton. Casou con Dª Isabela de Ponte e Andrade. Veciños da parroquia de Andavao concello de Boimorto (A Coruña). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • D Andrés Vázquez da Ponte. Testou o 21 de xuño de 1738 ante Gregorio de Eiras e Andrade.
    Casou na igrexa da parroquia de Andavao o 22 de setembro de 1686 con:
    Dª Francisca Rei de Barreiro. Filla de D Alonso Rei do Barreiro e Dª María do Barreiro. Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. D Josefa Vázquez. Casou con D. Domingo da Ponte.
  2. D Francisco de Andrade. Bautizado o 3 de decembro de 1688 na parroquia de Andavao. Testou o 10 de xaneiro de 1735 ante Diego Núñez.
    Casou con Dª Juana Francisca Antonia Bermúdez de Castro. Bautizada o 5 de novembro de 1692 na cidade de Santiago de Compostela parroquia de San Fiz de Solovio (para a súa xenealoxía ver a xenealoxia inferior). Tiveron por filla única a:

IV XERACIÓN

  • Francisca Xaviera Andrade Bermúdez de Castro. Bautizada na parroquia de San Xián de Sales concello de Vedra (A Coruña) o 26 de febreiro de 1715.
    Casou o 10 de agosto de 1738 con Domingo Antonio Cernadas (para a sua xenealoxía ver Sánchez Boado Cernadas (Cesuras - A Coruña)). Tiveron por fillos a IV.

V XERACIÓN

  1. Licenciado Pedro Antonio Cernadas Bermúdez de Castro. Nado na cidade de Santiago de Compostela o 24 de outubro de 1743. En 1769 Avogado da Real Audiencia da Coruña. Oidor decano da Real Audiencia de Cuzco. Cabaleiro da Orde de Carlos III por decreto do 10 de novembro de 1793.
  2. Juan Cernadas Bermúdez de Castro. En 1769 se atopaba servindo no Real Corpo de Gardas de Corps.
  3. Pascual Cernadas Bermúdez de Castro.

I XERACIÓN

  • D Pedro Bermúdez de Castro. Testou o 1 de setembro de 1702 ante Francisco López do Porto.
    Casou en primeiras nupcias con Lucía Vázquez. Veciños da parroquia de Santa María Salomé.
    Casou en segundas nupcias o 30 de xullo de 1690 na parroquia de Santa María do Camiño, cidade de Santiago de Compostela, con: Dª María Antonia de Neira e Cordido. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. Dª José Bermúdez de Castro.
  2. Dª Antonio Bermúdez de Castro.
  3. Dª Juana Francisca Antonia Bermúdez de Castro.

FONTE

  • Espediente da orde Carlos III de Pedro Antonio Cernadas e Andrade de Arraña Bermúdez de Castro