Os Mariñas entran na historia galega nos tempos das guerras dinásticas, que enfrontaron os irmaos Pedro I e Enrique II de Trastamara. Os Mariñas foron xunto os Andrade, unha das linaxes orixinais da antiga provincia de Betanzos que conquerirán "casa e estado", obtendo privilexos tomando parte polos trastamaristas nas devanditas guerras.

O principal persoaxe dista linaxe foi Gómez Pérez das Mariñas. Segundo relata Vasco da Ponte; Gómez Pérez foi home moi disposto, fermoso de corpo e de xesto, xentilhome moi solto, o maior xustador que houbo no seu tempo en Castela. O cabaleiro foi de xoven a servir a corte de Xoan II de Castela conquerindo soa e fama nos anos 30 do século XV, gracias as fazañas como foi derrotar, a un moi grande alemán que pesumía de invencible, xusta que gañou polas armas da súa casa unha estrela de azur en campo de prata.

Obtivo a tenecia o goberno militar da forteza da Coruña, que pronto tivo que defender as pretendións do conde de Benavente. Gracias os seus servizos obtivo de Enrique IV, do que foi conselleiro e brazo dereito, o cargo de gobernador de Betanzos ou a concesión de 30.000 mrs a perpetuidades, das que 3.500 provenían do seu couto de Bergondo. Con istas mercedes obtivo a supremacía na comarca, adiantándose ó liñaxe dos Andrade ós que tivo que auxiliar nos tempos das revoltas irmandiñas; dirixindo en 1471 a batalla de Altamira contra o arcebispo Alonso de Fonseca, ou como a toma da forteza de Mesía, circunstancias que motivaron os principais cabaleiros da época a disputarse a súa amizade e intentar emparentar casando coas súas fillas. <

I XERACIÓN

  • Os primeiros vástagos dista linaxe foron Gómez Pérez de Pereira, coñecido como Gómez Pérez das Mariñas "o vello", señor de Suevos, Oseiro, Erboedo, Torás, Orto e outros lugares.
    Casou cunha integrante da linaxe dos Prado. O seu fillo foi:

II XERACIÓN

  • Martín Sanchéz das Mariñas. Recibiu moitas doazóns do arzebispo Rodrigo II de Fonseca e de Enrique II de Trastamara, como A Mariña dos Condes, entre Betanzos e Coruña, a terra de Parada en Oza dos Ríos.
    Casou con Dª Berenguela de Moscoso.

III XERACIÓN

  • O seguinte na sucesión foi Ares Pardo das Mariñas. Señor das Mariñas dos Condes. Conqueríu do rei Xoan II o señorío do coto de Santa Marta de Babío, logrando que a sua liñaxe prevalecera sobor dos Andrade.
    Casou con Dª Tereixa de Montaos, que aportou a mordomías da casa de Silván e consolidou as posesións do señorio.
    Foron os pais da principal figura da liñaxe:

IV XERACIÓN

  • Gómez Pérez das Mariñas.
    Casou con Dª Tereixa de Haro da que tivo 5 fillas máis unha natural:

V XERACIÓN

  1. A primeira Mencia das Mariñas foi a filla natural.
    Casou con Juan García de Barba de Figueroa, señor da casa de Figueroa.
  2. Seguiulle Dª Tereixa.
  3. e Dª Berenguela que morreron antes co pái e non deixan decendencia.
  4. Dª María de Haro das Mariñas (observade que leva primeiro o da nai)
    Casou co primoxenito da casa de Andrade don Diego de Andrade, señor da casa de Andrade e Conde de Vilalba, de Pontedeume, señor de Ferrol e Serantes.
  5. Seguiulle Dª Constanza das Mariñas
    Casou con Fernán Pérez Parragués señor da casa de Pobra de Parga. Na súa liña seguirá ate chegar os primeiros señores e donos do pazo de Mariñán en Bergondo.
  6. E por último Dª Ginebra das Mariñas
    Casou cons don Luis de Acevedo, pertigueiro maior da terra de Santiago e irmán do arzebispo d Alonso de Fonseca.

O morrer Gómez Pérez das Mariñas dividiu os seus estados entre a súa muller e fillas. O cabo do tempo as irmás rematarán rifando entre elas, debido o tremendo poder que supoñía a herdanza recibido do seu pai

Non transcribo máis da xenealoxía dos Mariñas, pois penso que a súa descendeza esta representada polas casas de maior nobreza de Galiza e son doadas de documentar.

BIBLIOGRAFÍA

  • Mariñán Pazo dos Sentidos. Jesús Ángel Sánchez García. Diputación da Coruña.