Domingo de Castro. Casou con Dominga Gómez, veciños da parroquia de Sorrizo concello de Arteixo (A Coruña). Tiveron por filla a:
II XERACIÓN
Teresa Gómez de Castro.
Casou con Jacobo Queixeiro, da parroquia de Lendo concello de A Laracha (A Coruña). Fillo de Domingo Queixeiro e de Andressa Gómez (de Castro) casados en Lendo en 1718, e esta filla de Bartolomé de Bragundi e de unha Gómez de Castro.
Jacobo e Teresa parece foron pais de:
III XERACIÓN
Ignacio Quijeiro (Queixeiro), que parece que casou con Rosa Pérez, da parroquia de Saxamonde concello de Redondela (Pontevedra) e sendo filla deles:
IV XERACIÓN
María Benita Quijeiro Pérez, bautizada na parroquia de Quintela (Redondela) en 1834, que, o parecer casou con Domingo Pérez Vidal (cuxos avós eran da parroquia de Louredo concello de Mos (Pontevedra) por parte paterna, e de Quintela pola materna) sendo pais de:
V XERACIÓN
Ramón Pérez Quijeiro. Segundo o rexistro nado en Quintela.
Casou con María Rodríguez González. De Saxamonde. Filla de Ramón e María:
VI XERACIÓN
María Pérez Rodríguez, bisavoa miña polo meu abó paterno.
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!