I XERACIÓN

  • Marcos de la Rúa Freire
    Casou con María Gonzales. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. Dominga de la Rúa e Freire. Tivo por filla a III 1.
  2. Monseñor Fernando de la Rúa Freire de Andrade. Viviu en Bueu en 1657. Morreu na Coruña en 1697. Crego que foi da freguesia de San Martiño de Bueu. Inquisidor do Santo Oficio para o arciprestazgo do Morrazo.
    Fundou o Pazo de Santa Cruz en 1659; está ubicado no lugar da Carrasqueira parroquia de Bueu concello de Bueu. Señor dos pazos de Castrelo, situado no concello de Bueu, e Ouril, situado na parroquia de Beluso concello de Bueu.
    Deixou a totalidade das súas fundacións e bens os seus fillos José Antonio e Baltasar.
    Tivo con Dominga da Bal por fillos a III. 2 a 4.
  3. Tomás de la Rúa. Escribán. Faleceu o 2 de febreiro de 1742.
    Casou con María Francisca Franco.
  4. Margarita de la Rúa e Freire.
    Casou con Alonso García Pumar. Tiveron por fillo a III.5.

III XERACIÓN

  1. María Josefa de la Rúa
  2. Dominga de la Rúa Freire. Falecida o 28 de febreiro de 1742.
    Casou con Francisco Troncoso Nodal e Lira. Falecido no ano 1725. Señor de Cabodevila parroquia de Ardán concello de Marín (Pontevedra).
  3. Baltasar Melchor de la Rúa Freire e Andrade. Nado o 5 de xaneiro de 1679 e falecido o 1 de febreiro de 1755. Señor do Pazo de Castrelo.
    Casou en 1699 con María Jacinta de Aldao. Falecida o 23 de agosto de 1724. Tiveron por fillos a IV 1 a 5.
  4. Capitán José Antonio de la Rúa Freire e Andrade. Falecido o 17 de febreiro de 1727.
    Casou con María Jacinta Bermúdez de Castro e Mondragón. Da parroquia de Beluso concello de Bueu (Pontevedra). Falecida o 19 de xaneiro de 1757. Filla do capitán Bartolomé de Castro San Ciprián e Dña. María de Mondragón. Tiveron por fillos a IV 6 a 12.

IV XERACIÓN

  1. Josefa María de la Rúa e Aldao. Falecida en 1715.
  2. Pedro Antonio de la Rúa e Aldao. Clérigo.
  3. María Ignacia de la Rúa e Aldao. Falecida en 1736.
  4. Francisco Ignacio de la Rúa e Aldao. Falecido os 22 anos.
  5. Rosa de la Rúa e Aldao.
    Casou con Jacinto Reboredo. Da casa de Reboredo en Cangas.
  6. María Josefa de la Rúa Bermúdez de Castro e Mondragón. Nada en Bueu.
    Casou con Manuel José Aldao e Taboada Balanzategui. Señor da Casa do Placer sita na parroquia de Cela.
  7. Benito Antonio de la Rúa e Freire Mondragón. Falecido o 5 de febreiro de 1743. Señor do Pazo de Santa Cruz e dono do Pazo de Ouril.
    Casou en primeiras nupcias o 5 de febreiro de 1714 con Melchora Pimentel Mosquera. Falecida o 26 de agosto de 1721. Tiveron por fillos a V 1 e 2.
    Casou en segundas nupcias con Josefa Villarprego Montenegro. Falecida en 1764 en Ouril. Da Casa de Rodeira-Cangas. Tiveron por fillos a V 3 a 13.
  8. Baltasara de la Rúa e Freire.
    Casou con Benito Gayoso e Maldonado. Fillo dos señores da torre de Aldán.
  9. Isabel María de la Rúa e Freire
  10. Rosa María de la Rúa e Freire.
    Casou con José Ventura Cabral e Valladares. Fillo dos señores da casa de Bouzas.
  11. Lucas de la Rúa e Freire. Capelán dos Santos Reis - Pazo de Castrelo. Tivo varios fillos naturais.
  12. María de la Anunciación de la Rúa e Freire
  13. José de la Rúa. Capitán. Tivo por fillos a V 14 e 15.

V XERACIÓN

  1. Melchora Baltasara María Benita Josefa Isabel Francisca Rúa Mosquera. Nada o 24 de novembro de 1714.
  2. José Benito Antonio Melchor de la Rúa. Nado o 21 de novembro de 1716, que segue a Casa de Santa Cruz.
  3. Ramón Pascual. Nado o 12 de abril de 1727.
  4. Fernando Manuel Antonio. Nado o 1 de maio de 1728. Clérigo. Prima tonsura en 1772. Vivía en Ouril. Falecido en 1785.
  5. Benito Antonio. Nado o 23 de abril de 1730.
  6. Vicente Antonio. Nado o 04 de abril de 1731.
  7. Benito Alonso. Nado o 18 de novembro de 1732.
  8. Manuel Alonso. Nado o 30 de decembro de 1733.
  9. María Antonia de la Rúa Villarprego. Nado o 27 de xaneiro de 1735.
  10. Cayetano Gaspar Ramón Cosme de la Rúa e Villar Prego. Nado o 02 de outubro 1737. Faleceu en 1798. Renunciou a lexítima paterna.
  11. Francisco Bernardo Gregorio de la Rúa Villar Prego. Nado o 23 de decembro de 1739.
  12. Teresa Benita de la Rúa Villar Prego. Falecida o 11 de setembro de 1797.
    Casou en primeiras nupcias con Pedro Antonio Mejía Gómez. Rexedor perpetuo da vila de Vigo.
    Casou en segundas nupcias con Isidro Fernández Avila y la Cueva. Veciño da parroquia de Coruxo concello de Vigo.
    Declara no ter herdeiros dos seus matrimonios.
  13. Antonio Alonso de la Rúa e Villar Prego
    Casou en Santa Cristina de Cobres con María Josepha Cadavid e Salas Movilla. Nada na parroquia de Santa Cristina de Cobres concello de Vilaboa (Pontevedra) en 1751. Filla de Joseph Alonso Cadavid e Arias Godoy, rexedor da vila de Pontevedra, e de Rosalía Sala e Movilla, da parroquia Santa Cristina de Cobres. Tiveron por fillos a VI 1 a 10.
  14. Baltasar Melchor de la Rúa
  15. Benito de la Rúa. Tivo por fillo a VI 11.

VI XERACIÓN

  1. María Antonia Clara de los Santos de la Rua Cadavid. Nada o 06 de novembro de 1782. Solteira.
  2. Fernando Antonio Ruperto de la Rua Cadavid. Nado o 29 de marzo de 1784.
  3. Alejandro Francisco Mariano de Santa Teresa de la Rua Cadavid. Nado o 08 de agosto de 1785. Realizou informacións sobre a súa fidalguía para sentar praza de gardamariña.
    Casou con Carmen Llorente Barbeito.
  4. Ignacio Antonio Gil Reimundo del Carmen de la Rua Cadavid. Nado o 04 de setembro de 1787.
  5. Serafín Antonio de la Rua Cadavid. Nado en 1789.
  6. Benito Antonio Juan del Carmen de la Rua Cadavid. Nado o 24 de outubro de 1790.
  7. Manuel (Antonio) de la Rúa Cadavid. Nado na parroquia de Beluso en 1796. Falecido o 9 de marzo de 1845.
    Casou en primeiras nupcias o 28 de setembro de 1837 con Agustina de Castro Patiño. Filla de Ramón de Castro e Josefa Patiño.
    Casou en segundas nupcias o 29 de novembro de 1839 con Josefa Agulla Solabarrieta. Filla de Miguel Agulla Juncal e Josefa Solabarrieta Travieso. Viuva de Ventura Vilariño. Tiveron por fillo a VII 1.
  8. Benito Antonio Mariano Liborio del Carmenlérigo. Nado o 23 de xullo de 1792. Falecido o 13 de marzo de 1856. Clérigo.
  9. José Benito Andrés León Mauro del Carmen. Nado o 21 de marzo de 1795.
  10. Antonio Joseph Juan de Dios del Carmen. Nado o 11 de marzo de 1789.
  11. José de la Rúa. Tivo por fillo a VII 2.

VII XERACIÓN

  • Manuel Simón de la Rúa Agulla. Xuíz e recadador de impostos.
    Casou coa sua curmá Julia Lucía Agulla Vieta. Tiveron oito fillos entre eles VIII 1 e 2.
  • Juana de la Rúa e Aldao. Casou con Antonio Pimentel, de Arzua.

VIII XERACIÓN

  1. Manuel de la Rúa Agulla. Fixouse en Frías (Santiago del Estero - Arxentina), a 150 quilómetros da capital da provincia, no linde con Catamarca. Aquí se adicou o comercio co seu irmán Ramón chegando a ter varias talabarterías. Tivo por fillo a IX 2.
  2. Ramón de la Rúa Agulla. Fixouse en Frías (Santiago del Estero - Arxentina).Tivo por fillos a IX 1.

IX XERACIÓN

  1. Alfonso de la Rúa. Vocal do Superior Tribunal de Xustiza santiagueño. Tivo por filla a X 1.
  2. Antonio de la Rúa. Nado en Córdoba (Arxentina). Avogado. Ministro do gobernador Amadeo Sabattini. Presidente do tribunal supremo de Córdoba.
    Casou con Eleonora Bruno, de ascendencia italiana. Ministro de Goberno do gobernador radical Amadeo Sabatini e titular do Superior Tribunal de Xustiza de Córdoba. Tivo por fillos a X 2 e 3.

X XERACIÓN

  1. María de la Rúa. Casou con Roberto Abalos. Ex-Secretario de Emprego do Ministerio de Traballo.
  2. Fernando de la Rúa Bruno. Nado o 15 de setembro de 1937 en Córdoba (Arxentina). Presidente da Arxentina do 10 de decembro de 1999 o 21 de decembro de 2001.
    Casou na igrexa do Pilar con Inés Pertiné. Filla do almirante Basilio Pertiné. Tiveron por fillos a XI.
  3. Jorge de la Rúa Bruno. Ex-ministro de Xustiza e Dereitos Humanos.

XI XERACIÓN

  1. Antonio de la Rúa Pertiné
  2. Fernando de la Rúa Pertiné
  3. Agustina de la Rúa Pertiné

FONTE

  • Segundo o estudio feito polo profesor Arturo Sánchez Cidrás e publicado polo Diario de Pontevedra en data 26 de Outubro de 2000, co motivo da visita do ainda presidente da Arxentina a Bueu.
  • http://es.wikipedia.org/wiki/Fernando_de_la_R%C3%Baa
  • http://www.pagina12.com.ar/diario/elpais/1-72079-2006-08-27.html
  • http://www.clarin.com/diario/2000/08/06/p-00801.htm
  • https://xenealoxia.org/modules.php?name=Forums&file=viewtopic&t=3642

  • Imaxe de Wikipedia Fernando de la Rúa (http://es.wikipedia.org/wiki/Fernando_De_la_R%C3%BAa)