I XERACIÓN

  • Francisco Rodríguez Galán. Natural da cidade de Tui.
    Casou con Agustina García. Natural da cidade de Pontevedra. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Luís Rodríguez Galan.
    Casou con Ángela Seoane. Filla de Agustín Seoane, natural da parroquia de Tabeiros concello de A Estrada e Teresa N., natural da cidade de Pontevedra.
    Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Luís Isidoro Rodríguez Seoane. Nado na cidade de Pontevedra o 5 de abril de 1836 e falecido en Santiago de Compostela o 12 de agosto de 1902. Deputado a Cortes e Senador.

Bibliografía

  • VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 - 2003
  • www.senado.es