I XERACIÓN

  • Francisco Osorio
    Casou con María Becerra. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Gonzalo Osorio.
    Casou con María del Carmen López de la Peña. Filla de Juán de la Peña e Isabel Arines. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Gonzalo María Osorio Albaredo López de la Peña. Nado na parroquia de Láncara concello de Láncara (Lugo) o 2 de abril de 1798 e falecido en 1867. Deputado e senador.
    Casou con Nicola Petronila Pardo de Aguiar Armada Bañales de Borbón. Descendente de Enrique IV de Francia. Falecida en 1838.

  • Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Juan Osorio de Albaredo Pardo. Nado no pazo de Aranza (Lugo) o 17 de agosto de 1829 e falecido en Láncara (Lugo) o 28 de decembro de 1890.
    Casou con María Amalia Pita da Veiga Becerra - Llamas. Natural de Porto Rico. Filla de Agustín Pita da Veiga, coronel de cabalería, e María Josefa Becerra Llamas.

Bibliografía

  • VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 - 2003
  • www.senado.es