Andres Ramón Vázquez Quiroga
Casou con María Gertrudis Árias Quiroga. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
Antonio María Vázquez Quiroga e Arias. Señor da casa de Lusío. Nado o 23 de decembro de 1763 en Espasantes.
Casou en Cangas de Tineo o 11 de novembro de 1797 con:
María Ignacia Queipo de Llano Valdes. Nada en Cangas de Tineo o 8 de abril de 1766 e falecida o 23 de maio de 1831. Filla de José Joaquín Queipo de Llano Quiñones V conde de Toreno, natural de Cangas de Tineo e María Antonia Bernaldo de Quirós, natural de Oviedo.
Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
Manuel María Ramón Juan Nepomuceno Vázquez Queipo de Llano. Nado na casa de Lusío parroquia de San Cristovo do Real concello de Samos (Lugo) o 16 de maio de 1800 e falecido na parroquia de Quiroga concello de Quiroga (Lugo) o 11 de xuño de 1859. Deputado a Cortes e Senador. I Conde de Torrenovaes de Quiroga.
Casou en primeiras nupcias con Ramona Joaquina Quiroga Prado. Bautizada o 11 de agosto de 1804. Filla de José Bernardo Quiroga e Uría e Manuela Prado de Neira.
Casou en segundas nupcias en 1840 ca súa curmá María del Carmen Pardo Balmonte
Vicente Vázquez Queipo de Llano. Nado na casa de Lusio o 17 de febreiro de 1804 e falecido en Madrid en 1893. Matemático. Deputado.
José María Vázquez Queipo de Llano.
IV XERACIÓN
Joaquín María Quiroga Queipo de Llano. Falecido os cinco anos na casa de Lamela o 20 de febreiro de 1807.
Vicente María Pantaleón Vázquez Quiroga Queipo de Llano. Nado na parroquia de Quiroga concello de Quiroga (Lugo) o 27 de xullo de 1827 e falecido o 22 de abril de 1867. Deputado. II Conde de Torrenovaes de Quiroga.
Casou con María de la Concepción de Osorio Galos García Pan. Non tiveron descendencia.
María Manuela Vázquez Quiroga. Falecida o 18 de abril de 1910. Condesa de San Martín de Quiroga.
Casou con Antonio Quiroga Valdes.
María del Carmen Vázquez Pardo.
María Ignacia Vázquez Pardo.
Francisco Javier Vázquez Pardo. Herdou os títulos e pazos da familia.
Antonio Vázquez Pardo.
Álvaro Vázquez Pardo.
Antonio Vázquez Queipo. Nado en Cuba o 8 de outubro de 1840. Fillo de Vicente.
V XERACIÓN
Vicente Quiroga Vázquez Queipo.
Casou con Remedios Gratacós Terrent.
Gertrudis Quiroga Vázquez Queipo.
Casou con Luis Quiroga Espín, da casa dos Quiroga da Puebla de San Julián. Fillo de Benigno Quiroga López Ballesteros.
Bibliografía
VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 - 2003